Nerio II Acciaioli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nerio II Acciaioli
Neri di Francesco Acciaiuoli, quarto Duca d'Atene - Fanelli Francesco - 1695.jpg
Nacemento1416
 Florencia
Falecemento1451
 Atenas
CónxuxeClara Zorzi
FillosFrancesco I Acciaioli
IrmánsAntonio II Acciaioli
editar datos en Wikidata ]

Nerio II Acciaioli, nado en 1416 e finado en 1451, foi o duque de Atenas, en dúas ocasións: desde 1435 até 1439 e novamente desde 1441 até 1451.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi membro da familia Acciaioli de Florencia, fillo de Francesco Acciaioli, señor de Sykaminon. O seu goberno foi contemporáneo cun renovado filhelenismo italiano e os intereses correspondentes polas antigüidades e a lingua grega. Nerio non só falaba grego de forma natural, senón que tamén era dono dos monumentos máis famosos do mundo helénico na súa capital de Atenas.

Nerio chegou a Grecia en 1419, despois da morte do seu pai, cando só tiña tres anos de idade. Foi nomeado herdeiro do seu tío Antonio I de Atenas, pero á súa morte en 1435, Nerio tivo que loitar contra a viúva do seu tío, María Melissena, e Xurxo Calcocondilas polo trono ducal. Nerio foi apoiado por Murad II, o sultán otomán, contra o grego Constantino Paleólogo, déspota de Morea. Despois de asegurar a súa posición coa axuda turca, foi destituído polas intrigas do seu irmán Antonio II e expulsado da Acrópole. O seu inveterado inimigo persoal, o cronista Laónico Calcocondilas, denígrao como "efeminado".

Nerio volveu ao poder en 1441, despois de pasar uns anos en Florencia. Inmediatamente expulsou á viúva do seu irmán, María Zorzi. É probábel que Nerio estivese presente cando o emperador bizantino Xoán VIII Paleólogo fixo unha proclamación de catolicismo no Duomo de Florencia o 6 de xullo de 1439. En 1444, Nerio entrou en guerra contra os turcos á beira de Constantino, pero chegou a un acordo cos otománs. Logo perdeu con Constantino Tebas e viuse obrigado a lle pagar tributo e se converter no seu vasalo. En 1446, Murad axudou a Nerio a volver tomar Tebas para os latinos. Á súa morte, foi sucedido polo seu fillo Francesco baixo a rexencia da súa viúva Clara Zorzi.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Setton, Kenneth M. (xeneral editor) A History of the Crusades: Volume III The Fourteenth and Fifteenth Centuries. Harry W. Hazard, editor. University of Wisconsin Press: Madison, 1975.
  • Setton, Kenneth M. Catalan Domination of Athens 1311–1380. Revised edition. Variorum: London, 1975.