Nerio I Acciaioli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nerio I Acciaioli
Neri Acciaiuoli primo Duca d'Attene, Signor di Thebe, et Coranto, et altri luoghi Mori nel MCCCLXXXXIII - Fanelli Francesco - 1695.jpg
Nacementoséculo XIV
 Florencia
Falecemento25 de novembro de 1394
 Atenas
Ocupaciónaristócrata
PaiJacopo Acciaiuoli
FillosAntonio I Acciaioli, Francesca Acciaiuoli e Bartolomea Acciaiuoli
IrmánsDonato Acciaiuoli di Cassano, Angelo Acciaiuoli e Giovanni Acciaiuoli de Patres
editar datos en Wikidata ]

Nerio I Acciaioli, finado o 25 de setembro de 1394, foi un aristócrata italiano de Florencia que ascendeu ao poder na Grecia franca durante as últimas décadas do século XIV, chegando a se converter en duque de Atenas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nerio era o fillo de Jacopo Acciaioli e Bartolommea Ricasoli, e o irmán menor de Donato e irmán maior de Giovanni. Cando morreu o seu parente Niccolò Acciaioli, gran senescal de Nápoles, que era dono de terras e castelos en Acaia e Corinto e fixera a Donato o seu vigairo en Grecia (1371), o seu fillo e sucesor, Angelo Acciaioli, substituíu a Donato con Nerio en Grecia. Participou no Consello dos cruzados de Tebas en outubro de 1373, pero toda a súa planificación non chegou a nada. En 1374, cando morreu o vigairo xeral catalán de Atenas, Mateo de Peralta, Nerio atacou Megara e tomouna. Esta foi a primeira acción da súa longa carreira de conquista e expansión. Posteriormente á captura de Megara, Nerio participou nunha guerra case constante cos cataláns que gobernaban en Atenas.

En 1378, Nerio foi recrutado xunto coa Compañía navarra polo Gran Mestre dos Hospitalarios Johan Ferrández d'Heredia para a súa guerra con Arta no Despotado de Epiro. Nerio, á súa vez, recrutou ao navarro Joanes Urtubia, que tiña o resto da compañía con preto dun centenar de soldados e cruzou o golfo de Corinto. En 1379, Joanes Urtubia capturou Tebas.

O 7 de xullo de 1385, Nerio asumiu o título dominus Choranti et Ducaminis: "señor de Corinto e do Ducado de Atenas." No inverno dese ano, combateu exitosamente contra os otománs. En 1386, anexara a cidade baixa de Atenas. Adquiriu a Acrópole por conquista o 2 de maio de 1388, a pesar de que unha praga o obrigou a regresar coa súa familia a Tebas pouco despois.

O 29 de decembro de 1391, Nerio asinou un tratado con Amadeo, príncipe de Acaia, contra os navarros. Nerio foi feito duque de Atenas por Ladislao I de Nápoles o 11 de xaneiro de 1394. Ocupou este título durante nove meses antes da súa morte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Setton, Kenneth M. (xeneral editor) A History of the Crusades: Volume III The Fourteenth and Fifteenth Centuries. Harry W. Hazard, editor. University of Wisconsin Press: Madison, 1975.
  • Setton, Kenneth M. Catalan Domination of Athens 1311–1380. Revised edition. Variorum: London, 1975.