Frederico II de Sicilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Federico II de Sicilia»)
Frederico II de Sicilia
Infante de Aragón
Rei de Sicilia
Frederico II de Sicilia
Mosaico da ábsida central da Catedral de Mesina

Rei de Sicilia
1295 - 1302
PredecesorXaime II de Aragón
SucesorCarlos I de Anjou
Na Sicilia continental (Nápoles)

Rei de Trinacria
1302 - 1337
PredecesorNovo título
SucesorPedro II de Sicilia
Na Sicilia insular

Reinado11 de decembro de 1295
25 de xuño de 1337
Nome completoFrederico de Aragón
Outros títulosInfante de Aragón (1273-4 - 1295)
Rexente de Sicilia (1291 - 1295)
Nacemento13 de decembro de 1273 ou 1274
Barcelona, Condado de Barcelona, Coroa de Aragón
Falecemento25 de xuño de 1337
Paternò, preto de Catania, Reino de Sicilia
ConsorteLeonor de Anjou
DescendenciaVéxase Descendencia
Casa realCasa de Aragón
ProxenitoresPedro III de Aragón
Constanza II de Sicilia

Escudo de Frederico II de Sicilia
Armas dos reis aragoneses do Reino de Sicilia
Na rede
WikiTree: Sicilia-23 Find a Grave: 92878352 Editar o valor em Wikidata

Frederico II de Aragón,[1] coñecido tamén como Frederico II de Sicilia, Frederico II de Trinacria ou Frederico III de Sicilia, nado en Barcelona o 13 de decembro de 1273 ou 1274, e finado en Paternò, preto de Catania, o 25 de xuño de 1337, foi un infante de Aragón que foi rexente aragonés en Sicilia de 1291 a 1295, rei de Sicilia de 1295 a 1302, e despois rei de Trinacria, a parte insular do Reino de Sicilia, desde 1302 até a súa morte en 1337.

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Frederico foi o terceiro dos fillos de Pedro III o Grande, rei de Aragón e de Valencia e conde de Barcelona e dos demais Condados cataláns,[2][3][4] e de Constanza II de Sicilia, filla do rei de Sicilia Manfredo de Hohenstaufen,[5] fillo ilexítimo do emperador Frederico II de Suabia.

Coroouse como Frederico III para significar a continuidade coa dinastía suaba dos Hohenstaufen, e modificou o escudo de armas do reino de Sicilia, engadindo as armas de Aragón ás da dinastía Hohenstaufen.

Vacilacións do seu nome na historiografía[editar | editar a fonte]

O nome Frederico III[editar | editar a fonte]

O numeral deste rei de Sicilia debe ser II, xa que foi o segundo Frederico que reinou na illa, pero, segundo os historiadores, el elixiu o ordinal III, en homenaxe ao seu bisavó, o emperador do Sacro Imperio Frederico II de Suabia, que tamén foi rei de Sicilia e que adoitaba presentarse e asinar como Fridericus secundus imperator etc.; por iso, e como seu sucesor no trono de Sicilia, autoproclamouse Frederico III. Por mor diso, en moitas bibliografías, especialmente nas itaianas e inglesas, desígnase como Frederico III.

A denominación de Trinacria[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Reino de Trinacria.

En canto á denominación Frederico II de Trinacria débese a que, cando subiu ao trono do Reino de Sicilia Manfedo I de Hohestaufen, o papa Clemente IV excomungouno por ser fillo ilexítimo do seu pai Frederico II, emperador so Sacro Imperio, devolvendo o Reino de Sicilia ao papado.

En 1262, Constanza II de Sicilia, filla de Manfredo, casou con Pedro III de Aragón o Grande, rei de Aragón e de Valencia, e conde de Barcelona e dos demais Condados cataláns. Esta situación de enfrontamento entre a dinastía Hohenstaufen e a Casa de Aragón, sendo Constanza a herdeira de Manfredo, provocou a antipatía do papa francés Clemente IV, que buscou axuda en Carlos I de Anjou, irmán máis novo do seu aliado Lois IX de Francia, san Lois.

Así, as tropas de Carlos de Anjou entraron na illa e loitaron contra Manfredo de Hohenstaufen e vencérono na batalla de Benevento, e Carlos foi coroado rei de Sicilia en Roma en 1266, inaugurando a dinastía Anxevina.

Baixo Carlos de Anjou, e posteriormente do seu fillo Carlos II, o norte do terrotorio (o peninsular) favoreceuse en detrimento do sur (o insular), e así a capital do Reino trasladouse de Palermo a Nápoles. Esta situación de dominación anxevina concluíu coas Vésperas sicilianas, (Cf.I Vespri siciliani) que conduciron á división do Reino de Sicilia, que se produciu cando faleceu Carlos de Anjou en xaneiro de 1285 e de Pedro III de Aragón en novembro dese mesmo ano: o reino de Sicilia dividiuse en dúas partes de forma permanente (Regnum Siciliae ultra farum, Sicilia, tamén coñecida como Reino de Trinacria, e Regnum Siciliae citra farum, coñecida como Reino de Nápoles). Pero, como ambos os reis e os seus sucesores intitulábanse como "rei de Sicilia", para distinguilos emprégase rei de Nápoles para o da parte continental, e rei de Sicilia para o da parte insular, tamén coñecido como rei de Trinacria.[6][7][8] Os dous reinos estiveron separados até 1442.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Frederico era o terceiro fillo varón dos tres que tiveran Pedro III e Constanza de Sicilia que aínda vivían (os outros dous eran Afonso, o primoxénito e Xaime, o segundoxénito; xa que o último fillo varón, Pedro, morrera mozo), segunbo a Crónica piniatense,[9][10] datos confirmados tamén na Historia Sicula de Bartolomeu de Neocastro (Alfonsus, Elisabeth regina Portugalli… Rex Iacobus, Dominus Fridericus, domina Violanta et dominus Petrus) e na Crònica de Ramón Muntaner (Anfós, Jacme, Frederic e Pere).[10]

O 19 de xuño de 1291, o seu irmán máis vello, o soberano da Coroa de Aragón, Afonso III, faleceu repentinamente, deixando os Reinos de Aragón e de Valencia, o Condado de Barcelona e o goberno de Mallorca ao segundo irmán, Xaime II de Aragón, o Xusto, e dispoñendo que o terceiro, Frederico, se ocupara da rexencia do Reino de Sicilia; pero Xaime, despois de ser coroado en Zaragoza no mes de xullo, como sucesor de Pedro III e non de Afonso III, non cumpriu o testamento deste, e quedou co Reino de Sicilia, en prexuízo de Frederico. O infante Frederico, o mesmo ano 1291, foi enviado, porén, como lugartenente do seu irmán Xaime II, a Sicilia, onde se reuniu coa súa nai Constanza.[10]

Nesta época aínda existía un conflito entre a Casa de Anjou e a Casa de Aragón pola posesión de Sicilia. A pesar de que Xaime II vencera no conflito, os problemas da conquista de Murcia e os ataques dos francos polo norte obrigárono a iniciar negociacións de paz con Carlos de Anjou.

Despois de diversas interrupcións provocadas pola morte de dous pontífices, baixo os auspicios do papa Bonifacio VIII, Xaime II tivo que asumir un tratado, a chamada paz de Anagni, en 1295, tratado que non o favorecía demasiado; mediante este tratado, a cambio de conseguir a posesión das illas (e Reinos) de Sardeña e Córsega, tivo que ceder Sicilia á Igrexa que, á súa vez, a devolvería á Casa de Anjou.[10]

Rei de Sicilia[editar | editar a fonte]

Porén, os nobres sicilianos rexeitaron devolver o control aos franceses aos que desterrara da illa en 1282 e, o 11 de decembro dese mesmo ano de 1925, o Parlamento siciliano proclamou a Frederico II como rei de Sicilia.[10]

O papa intentou, sen éxito, convencelo de que non aceptara, ofrecéndolle privilexios e promesas, pero Frederico mantívose firme e foi coroado polos nobres na Catedral de Palermo en 1296.[10]

O perfil do rei de Sicilia[editar | editar a fonte]

O carácter e o comportamento de Frederico estivo moi influído pola súa descendencia normanda-suaba: como Roxerio II de Sicilia foi o fundador dun estado, foi un comandante capaz e un bo lexislador, e como o seu bisavó Frederico II era carismático, agresivo, pro imperial e continuamente excomungado (en particular, polo papa Xoán XXII desde 1321 a 1334).

En 1296, cando foi elixido rei, promulgou as Constitutiones regales, os Capitula alia e as Ordinationes generales, e outros textos que subministraron unha base de garantías constitucionais innovadoras no medioevo, que incluían os deberes dos gobernantes e a obriga de convocar polo menos unha vez ao ano o Parlamento siciliano. En 1324, o Parlamento reunido en Enna decretou, entre outras, normas que prevían a segregación dos xudeus.

Os caracteres de Sicilia que todos coñecemos hoxe en día derivan en gran parte deste segundo reino de Sicilia, fundado en 1296 por Frederico, e que despois, pasando a través de varias rexencias, serían abolidas en 1816 por Fernando I de Borbón.[Cómpre referencia]

Durante o seu reinado acentuose sen dúbida o réxime feudal: o Parlamento estaba formado por tres estamentos (a nobreza, o clero e o "terceiro estado" ou "común"), establecuese o latifundismo e a economía entrou en crise. Pero de todos os xeitos o rei debe ser recordado polas súas reformas civís e administrativas que afectaron a Sicilia, que deron máis poder ao Parlamento (chamado os Capítulos) e a subdivision da illa en catro Vales de Sicilia (Val de Noto, Val de Demone, Val de Mazara e Val de Girgenti).

A Corte de Frederico: laboratorio de debates relixiosos e refuxio de disidentes[editar | editar a fonte]

Frederico II foi íntimo amigo do catalán Arnau da Vilanova, acolleu na súa Corte aos franciscanos espirituais perseguidos e aos fraticelli (amplo grupo de herexes da Idade Media tardía (1300-1500) que teñen a súa orixe nos franciscanos espirituais que se rebelaron contra as disposicións e declaracións do papa Xoán XII referentes á pobreza franciscana). O místico Ramon Llull puxo nel moitas esperanzas nunha renovación do cristianismo. El mesmo estaba interesado na mísica, e fixo da súa Corte un foco de debates filosóficos e relixiosos, no que participaron activamente filósofos aristotélicos, pensadores xudeus, alquimistas, astrólogos e incluso practicantes da maxia. Aínda que chocou frecuentemente coas autoridades eclesiásticas, Frederico non estaba movido por un espírito cristián, senón pola ansia de adquirir coñecemento sempre novo e da convicción de que o mundo, daquela vello, se estaba renovando.[11]

O Parlamento siciliano[editar | editar a fonte]

O Parlamento siciliano, composto por feudatarios, síndicos das cidades, condes e baróns, era presidido e convocado polo rei.

A súa función principal era a defensa da integridade territorial de Sicilia, como valor máximo, incluso contra o absolutismo do rei, en interese de todos. O rei non podía concertar acordos de calquera tipo (político, militar ou económico) ou declarar a guerra sen antes consultar e obter o consentimento do Parlamento que, pola Constitución, tiña que ser convocado polo menos unha vez ao ano no día de Todos os Santos.

O Parlamento, constitucionalmente, tiña as competencias de elixir o rei, e de ser o órgano garante do correcto funcionamento da xustiza ordinaria exercida por verdugos, xuíces, notarios e outros oficiais do Reino.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Da súa unión matrimonial con Leonor de Anjou naceron nove fillos; ademais se lle atribúen polo menos outros cinco fillos naturais nacidos dunha relación coa nobre de Catania Sibila Sormella.[3][10][12]

Igrexa de Santa Sofía (desde o século XVI mesquita Selimiye) en Nicosia, Chipre.

De Leonor tivo:[13]

De Sibila Sormella tivo:[14]

Antepasados[editar | editar a fonte]

Catedral de Catania
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Afonso II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
8. Pedro II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Sancha de Castela
 
 
 
 
 
 
 
4. Xaime I de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Guillerme VIII de Montpellier
 
 
 
 
 
 
 
9. María de Montpellier
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Eudoxia Comnena
 
 
 
 
 
 
 
2. Pedro III de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Bela III de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
10. André II de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Inés de Antioquía
 
 
 
 
 
 
 
5. Violante de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Pedro II de Courtenay
 
 
 
 
 
 
 
11. Iolanda de Courtenay
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Iolanda de Flandres
 
 
 
 
 
 
 
1. Frederico II de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Henrique VI de Suabia
 
 
 
 
 
 
 
12. Frederico II Hohenstaufen
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Constanza de Hauteville
 
 
 
 
 
 
 
6. Manfredo de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
13. Branca Lancia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Constanza II de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Tomé I de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
14. Amedeo IV de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Margarida de Xenebra
 
 
 
 
 
 
 
7. Beatriz de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Hugo III de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
15. Margarida de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Beatriz de Albon
 
 
 
 
 
 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Frederico na Guía de nomes da RAG". academia.gal. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  2. Reis de Aragón en Medieval Lands (en inglés).
  3. 3,0 3,1 Barcelona - Genealogy Arquivado 15 de outubro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés).
  4. Pedro III de Aragón - genealogie Arquivado 13 de abril de 2009 en Wayback Machine. en mittelalter (en alemán).
  5. Constanza de Hohenstaufen, aínda que se coñece como Constanza II de Sicilia, non debe confundirse con Constanza de Hauteville, tamén chamada Constanza de Sicilia, que foi bisavoa da primeira.
  6. José María de Francisco Olmos (2003): El «Coronato» napolitano. Una moneda documental y propagandística. Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine. Revista General de Información y Documentación, Vol. 13, núm. 1. Universidad Complutense de Madrid, páx. 58.
  7. John Platts (1825): A universal biography: chronologically arranged.... Sherwood, Jones & Co., Vol. 3, páx. 473.
  8. Gaetano Moroni (1854): Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica. Vol. XLV, páx. 199.
  9. A Crónica piniatense é unha crónica historiográfica, encargada polo rei de Aragón Pedro IV, do Reino de Aragón, desde as súas orixes como Condado até o establecemento da Coroa de Aragón (1336, morte de Afonso IV de Aragón).
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 Reis de Sicilia en Medieval Lands (en inglés).
  11. Antonio Oliver (1963): "Heterodoxia en la Mallorca de los siglos XIII-XV". Boletín de la Sociedad Arqueológica Luliana 79: 175.
  12. Federico III de Sicilia genealogie mittelalter Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en alemán).
  13. Frederico III e Eleonora - familyhistory Arquivado 16 de novembro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés).
  14. Frederico III e Sibilla - familyhistory Arquivado 16 de novembro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Xaime II de Aragón


Rey de Sicilia

1295 - 1337
Sucesor:
Pedro II de Sicilia