Antonio I Acciaioli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio I Acciaioli

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1370 Editar o valor em Wikidata
Florencia Editar o valor em Wikidata
MorteA principios 1435 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor em Wikidata
FamiliaFamília Accioli (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaria Melissene (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiNerio I Acciaioli Editar o valor em Wikidata
IrmánsBartolomea Acciaiuoli (en) Traducir e Francesca Acciaiuoli (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Antonio I Acciaioli (tamén escrito Acciaiuoli ou Acciajouli), finado en xaneiro de 1435, chamado o Bastardo, foi o fillo ilexítimo de Nerio I de Atenas e a súa amante María Rendi. Converteuse en duque de Atenas á morte do seu pai (1394), pero foi expulsado ese mesmo ano pola República de Venecia, o executor da vontade de Nerio. Durante a súa carreira bélica como duque desde 1402 até a súa morte, foi un terror para os seus veciños, pero mantivo os seus dominios internamente pacíficos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Por vontade do seu pai herdou o castelo de Lebadea e o goberno da cidade de Tebas. Apoiou a Teodoro I Paleólogo, déspota de Morea, contra o déspota de Epiro, Carlo I Tocco. En 1397, invadiu a Ática con intencións expansionistas.

En 1400, Venecia nomeou a un dos seus, Nicolò Vitturi, podestà en Atenas. En 1402, Antonio cercou a cidade e tomouna, sendo proclamado duque pola poboación. En agosto, Venecia ofreceu 8.000 hyperpyrones para a cidade e en novembro Tommaso Mocenigo foi enviado a ofrecer 1.700 ducados. En xaneiro ou febreiro de 1403, Vitturi rendeu finalmente o castelo e nese último mes, Bernardo Foscarini, o bailío veneciano de Negroponte foi capturado en batalla. O 31 de marzo de 1405, asinouse un tratado de paz entre Antonio e Venecia.

A carreira de Antonio foi militarista e aventureira. En 1406, tomou Staria (preto de Negroponte) e en 1410 uniuse aos turcos otománs para devastar a cidade de Nauplia, que estaba en poder veneciano. En 1419, unha paz entre os turcos e Venecia pediron a Mehmed I que solicitase a Antonio cesar as súas hostilidades contra os venecianos. En 1423, el estaba en guerra con Teodoro II de Morea e ocupou Corinto.

Antonio nunca esqueceu as súas raíces florentinas e esforzouse por facer de Atenas unha capital coa mesma cultura: coa renovación dos monumentos, en cartas condescendentes, e o fomento da cabalaría. O 7 de agosto de 1422, concedeu privilexios aos comerciantes florentinos en Atenas. Nese ano, Afonso V de Aragón reclamou os seus dereitos mediante o nomeamento de Tommaso Beraldo, un duque catalán. Giovanni Acciaioli, tío de Antonio e arcebispo de Tebas, que estaba entón en Roma, foi enviado a Venecia para apelar a designación de Tommaso ao senado alí, pero as súplicas foron ignoradas.

Antonio morreu no poder en xaneiro de 1435 sen fillos lexítimos e a súa sucesión ao ducado foi disputada entre os seus sobriños Nerio II e Antonio II, e a súa viúva (María Melissena).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Caravale, Mario. (ed) Dizionario Biografico degli Italiani. Roma.
  • Setton, Kenneth M. (general editor) A History of the Crusades: Volume III The Fourteenth and Fifteenth Centuries. Harry W. Hazard, editor. University of Wisconsin Press: Madison, 1975.
  • Setton, Kenneth M. Catalan Domination of Athens 1311–1380. Revised edition. Variorum: Londres, 1975.