Ana Comnena: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Servando2 (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 36: Liña 36:


=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===

* Ana Comnena: ''Alexiada.''
* Ana Comnena: ''Alexiada.''
** L'Alessiade, Volume I — Edición en italiano de Giuseppe Rossi. En: [http://books.google.com.co/books?hl=es Google Libros].
** L'Alessiade, Volume I — Edición en italiano de Giuseppe Rossi. En: [http://books.google.com.co/books?hl=es Google Libros].
Liña 43: Liña 42:
** [http://remacle.org/bloodwolf/historiens/comnene/alexis.htm Texto bilingüe] [[Lingua grega antiga|grego]] - [[Lingua francesa|francés]] no [http://remacle.org/ sitio] de Philippe Remacle (1944 - 2011).
** [http://remacle.org/bloodwolf/historiens/comnene/alexis.htm Texto bilingüe] [[Lingua grega antiga|grego]] - [[Lingua francesa|francés]] no [http://remacle.org/ sitio] de Philippe Remacle (1944 - 2011).
** [https://web.archive.org/web/20100803130117/http://faculty.txwes.edu/csmeller/Human-Experience/ExpData09/03Biee/BieeWRTs/1ByzWRTs/Komnene1083/Alexiad1148/Alexias.pdf Alexias] — Edición en grego. En: Departamento de ciencia Tecnoloxía e Comunicación da Universidade do Exeo; texto en ''[[PDF]]''.
** [https://web.archive.org/web/20100803130117/http://faculty.txwes.edu/csmeller/Human-Experience/ExpData09/03Biee/BieeWRTs/1ByzWRTs/Komnene1083/Alexiad1148/Alexias.pdf Alexias] — Edición en grego. En: Departamento de ciencia Tecnoloxía e Comunicación da Universidade do Exeo; texto en ''[[PDF]]''.
{{contorl de autoridades}}
{{control de autoridades}}
[[Categoría:Dinastía Ducas-Comneno]]
[[Categoría:Dinastía Ducas-Comneno]]
[[Categoría:Finados en 1153]]
[[Categoría:Finados en 1153]]

Revisión como estaba o 23 de xullo de 2018 ás 14:55

Infotaula de personaAna Comnena
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1083 Editar o valor em Wikidata
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Mortec. 1153 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriadora , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego medieval (pt) Traducir e Grego antigo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaDinastía Ducas-Comneno Editar o valor em Wikidata
CónxuxeNicéforo Brienio, o Mozo (1097 (Gregoriano)–)
FillosQ80465480 Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAleixo I Comneno Editar o valor em Wikidata  e Irene Ducaina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaria Comnena (filha de Aleixo I) (pt) Traducir, Xoán II Comneno, Andrônico Comneno (pt) Traducir, Isaac Comneno (pt) Traducir, Eudóxia Comneno (pt) Traducir e Teodora Comnena Angelina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Komnenos-15

Ana Comnena (grego: Άννα Κομνηνή, latín: Anna Komnēnē), nada o 3 de decembro de 1083 e finada en 1153, foi unha princesa bizantina de gran cultura, filla do emperador bizantino Aleixo I Comneno e de Irene Ducas. Autora da Alexiada, a historia do reinado do seu pai, converténdose así nunha das primeiras mulleres historiadoras occidentais.

Filla primoxénita do emperador Aleixo I Comneno, recibiu unha esmerada educación que a converteu en erudita en literatura bizantina, historia, xeografía, mitoloxía, e mesmo filosofía. Casou en 1097 con Nicéforo Brienio, fillo dun antigo pretendente ao trono imperial. Intrigou xunto coa súa nai, Irene Ducas, para conseguir que o emperador Aleixo I, nomease sucesor ao seu marido en lugar do seu irmán Xoán. Ao acceder ao trono o seu irmán Xoán II Comneno, Ana e a súa nai retiráronse a un mosteiro. Alí, Ana escribiu A Alexiada, historia en grego do reinado do seu pai, Aleixo I, en quince libros. A obra, que foi terminada en 1148, relata a carreira política do seu pai desde 1069 até a súa morte en 1118. É a continuación da historia que o seu marido, Nicéforo Brienio, comezara a escribir, e que se viu interrompida á súa morte, en 1137.

Traxectoria

A Familia e os seus primeiros anos

Ana naceu na cámara de pórfido do palacio imperial de Constantinopla, cámara na púrpura, cor que só os emperadores bizantinos podían utilizar; por tanto podíaselle denominar porfiroxénita. Era a maior. Os seus irmáns foron, en orde de nacemento: María Comnena, Xoán II Comneno, Andrónico Comneno, Isaac Comneno, Eudoxia Comnena e Teodora Comnena Anxelina.

Aínda que a formaron coidadosamente en historia, matemáticas, ciencias e filosofía grega, os seus pais prohibíronlle o estudo de poesía antiga -na que se glorificaba a deuses luxuriosos e mulleres non castas- xa que atopaban que o seu estudo era inapropiado e mesmo perigoso para unha muller nova da súa clase. Malia os intentos realizados polos seus pais para impedirllo, Ana estudou furtivamente a poesía antiga cun dos eunucos imperiais. Así, Ana recibiu unha educación extraordinaria que fixo dela unha das mulleres mellor educadas da súa época.

Esponsais e voda

Tal e como era habitual na nobreza no Medievo, Ana foi prometida na infancia, debería casar con Constantino Ducas, o fillo do emperador Miguel VII e María de Alania. Dado que no momento do compromiso O emperador Aleixo I Comneno non tiña fillos do sexo masculino que puidesen herdar o trono, o mozo Constantino foi proclamado coemperador do Imperio bizantino. Con todo, en 1087 naceu Xoán II co que Constantino perdeu o dereito ao trono. Morreu ao pouco tempo e Ana en breve foi prometida ao seu futuro esposo.

En 1097, con 14 anos, Ana casou cun brillante mozo nobre, o césar Nicéforo Brienio. Nicéforo era o fillo dunha familia aristocrática que competira con Aleixo I na súa ascensión ao trono. Nicéforo era tamén un recoñecido home de estado, xeneral e historiador. Ana indica que o seu matrimonio foi máis unha unión política que unha cuestión de amor. Con todo na súa maior parte probou ser unha unión proveitosa durante 40 anos e da que naceron catro nenos: Aleixo Comneno, Xoán Ducas, Irene Ducaina e María Briennio Comnena.

Reivindicación do trono

Desde a infancia, Ana supuxo que algún día herdaría o trono, un soño do que veu espertar co nacemento do seu irmán. A pesar de todo, as ansias de poder de Ana non lle deixaron aceptar o ascenso ao trono por parte do seu irmán. Ana considerou que ela e o seu marido deberían asumir o título de emperadores. Así a parella, conspirou xunto coa súa nai Irene Ducas para desherdar ao seu irmán e dar a coroa ao marido de Ana. Naqueles momentos, o seu pai Aleixo I era débil e estaba a loitar coa súa última enfermidade. Con todo a súa conspiración non tivo éxito e en 1118 Xoán II ascendeu ao trono.

Os intentos de Ana por usurpar a coroa imperial persistiron e en 1118 novamente tramou depor ao seu irmán e pór no seu lugar ao seu esposo Nicéforo. Con todo, novamente o plan non tivo éxito, debido a que Nicéforo no último momento se negou a colaborar. Enfadada e decepcionada pola debilidade do seu marido, Ana dixo que “a Natureza se equivocou nos sexos, xa que el debería ser unha muller”. O complot descubriuse e Ana tivo que renunciar ás súas propiedades e ao seu status familiar e así mesmo, obrigada a exiliarse ao mosteiro de Kecharitomenene (Cheo de Graza), que a súa nai fundara. A nai e a súa irmá Eudoxia foron con ela. Ironicamente, Nicéforo permaneceu no palacio real e converteuse nun dos máis fieis conselleiros.

Historiadora

No recollemento do mosteiro, Ana dedicouse ao estudo da filosofía e a historia. Atendeu reunións intelectuais, incluíndo algunhas dedicadas ao estudo de Aristóteles. O xenio intelectual e a súa fame de saber é evidente nos seus traballos. Entre outras cousas, estaba versada en filosofía, gramática, teoloxía, astronomía e medicina. Algo que se infere do estudo da súa obra máis celebrada A Alexiada, na que cita de memoria pasaxes de Homero ou da Biblia, a pesar de cometer pequenos erros nas devanditas citas. Os seus contemporáneos, tales como o bispo metropolitano de Éfeso, Xurxo Torniques, considera a Ana como unha persoa que alcanzou “as máis altas cimas da sabedoría, tanto laicas como divinas”.

Como historiador, Nicéforo Briennio escribira un ensaio denominado “Material para a historia”, centrado no reinado de Aleixo I. Morreu en 1137 antes de acabar o seu traballo. Á idade de 55, Ana impúxose acabar o traballo do seu marido, denominándoo A Alexiada, a historia da vida do seu pai e o seu reinado (1081–1118). A Alexiada é hoxe a fonte principal da historia e política bizantina de finais do século XI e principios do XII.

Na Alexiada, Ana dá unha visión das relacións políticas entre Aleixo I e os occidentais. Describe vívidamente o armamento, as tácticas e as batallas. Debe terse en conta que ela escribe sobre sucesos que tiveron lugar cando era unha nena, e que non podía lembrar como testemuña. A súa neutralidade queda comprometida xa que escribe co fin de loar ao seu pai e denigrar ao seu sucesor. A pesar da súa parcialidade, a súa descrición da Primeira Cruzada é de gran valor para a historia xa que é a única descrición que se ten realizada por parte dos gregos. Ela recolle o punto de vista de figuras clave da elite grega. O seu marido Nicéforo Briennio loitara no conflito que xurdiu co xefe cruzado Godofredo de Bouillón nos arredores de Constantinopla en Martes Santo de 1097. O seu tío Xurxo Paleólogo estaba presente en Pelkano en xuño de 1097 cando Aleixo I discutiu a futura estratexia dos cruzados. Así A Alexiada permite observar a cruzada desde unha perspectiva bizantina. Transmite a alarma que sentiu coa chegada das forzas europeas a través do imperio Bizantino, e os perigos en que puxeron a seguridade de Constantinopla.

Digno de mencionar é o retrato que fai do cruzado Bohemundo de Tarento, normando do sur de Italia, quen baixo a xefatura do seu pai Roberto Guiscardo, invadira parte do territorio bizantino nos Balcáns en 1081. Aínda que o considera un bárbaro e fai del “o malo” na súa obra, pola inimizade co seu pai así como a súa conquista de Antioquía, antiga cidade bizantina, hai máis dunha insinuación de estar encaprichada con el. Ana Comneno identificou por primeira vez na Alexiada, os valacos dos Balcáns cos dacios e os búlgaros con tracios: "... hai (Haemus) viven ricas tribos, os dacios e os tracios na vertente norte (A Alexiada, XIV, IV). .O libro igualmente contribúe a comprender a mentalidade feminina da época así, como do mundo bizantino no que se desenvolve a súa historia.

O estilo literario de Ana Comnena segue o de Tucídides, Polibio ou Xenofonte. Consecuentemente, ao mostrar o aticismo que imperaba na literatura daquel período, resulta de todo iso unha linguaxe bastante artificial. Na súa maior parte, a cronoloxía dos eventos é correcta, excepto naqueles que transcorren cando Ana xa está no mosteiro, cando xa non ten acceso aos arquivos imperiais. Con todo, a súa historia alcanza os patróns da época.

A data exacta da morte de Ana non se sabe. Inférese da Alexiada que vivía aínda en 1148. Con todo A Alexiada mostra perfectamente o bulebule emocional de Ana. Indica que apenas ninguén podía vela e que moitos a odiaban. Do mesmo xeito, odiaba a súa posición illada na sociedade á que se viu abocada polo exilio.

Váxase tamén

Ligazóns externas