Saltar ao contido

Aticismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aticismo
 Instancia de
Datas
 Data
século II a. C. Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/03g0kh Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 80171
Wikidata

Na elocuencia grecorromana, chámase aticismo á tendencia baseada na teoría da imitación dos prosistas áticos do século -IV a.C. Os aticistas opoñíanse aos asianistas.

O estilo aticista era espido e xeométrico, máis atento á expresión nítida dos conceptos que á forma e á harmonía da redacción. O modelo era Lisias. O aticismo apoiábase nos presupostos dos analoxistas, que sostiñan a observancia das regras e dos modelos nas formacións lingüísticas novas.

En Roma o aticismo desenvolveuse na época de Cicerón (que rematou distanciándose del) e o seu máximo representante foi Bruto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]