Isaac I Comneno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Isaac I Comneno
GoldHistamenonIsaacIKomnenos1057-1059.jpg
Nacemento 1007
  Mosteiro de Stoudios
Falecemento 1060
  Constantinopla
Nacionalidade Imperio Bizantino
Ocupación oficial
Pai Manuel Erótico Comneno
Cónxuxe Catarina da Bulgária
Irmáns João Comneno (doméstico das escolas)
editar datos en Wikidata ]

Isaac I Comneno, nado contra o ano 1005 e finado en 1061, foi emperador bizantino de 1057 a 1059. Foi o primeiro emperador da dinastía Comneno.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Isaac era fillo de Manuel Comneno, un oficial do emperador Basilio II que no seu leito de morte encomendara aos seus dous fillos, Isaac e Xoán, ao emperador. Este encargárase de que os dous recibisen unha esmerada educación no mosteiro de Studion; máis adiante, deulles importantes cargos no exército. En 1057 era o comandante en xefe do exército bizantino, e encabezou unha rebelión contra o emperador Miguel VI. O 8 de xuño dese ano foi proclamado emperador polas súas tropas e elevado sobre un escudo, segundo a antiga tradición militar. O 20 de agosto dese mesmo ano derrotou ás tropas de Miguel II, e o 1 de setembro entrou triunfante en Constantinopla.

Propúxose reformar o exército para recuperar para o Imperio a grandeza da época de Basilio II. Para recadar fondos, comezou a confiscar propiedades á aristocracia latifundista, que se enriqueceu enormemente nos anos de crises que seguiron á morte de Basilio II, en 1025. Intentou tamén confiscar propiedades da Igrexa, o que produciu o seu enfrontamento co patriarca de Constantinopla Miguel Cerulario, que fora antes partidario seu e traballara activamente para a súa entronización. Como o patriarca ameazase a Isaac con destituílo, o emperador fíxoo deter e enviouno ao exilio o 8 de novembro de 1058. Como Cerulario se negase a renunciar ao seu cargo, Isaac fixo que se convocase formalmente un sínodo para destituílo. O patriarca morreu antes de que o sínodo puidese ditar sentenza, pero o pobo de Constantinopla considerouno un mártir. Pouco máis dun ano logo de comezar o seu reinado, Isaac atopábase coa oposición frontal da aristocracia, da Igrexa e do pobo de Constantinopla; só o exército continuaba séndolle leal.

Realizou unha única expedición militar durante o seu breve reinado, en 1059, contra os maxiares e pechenegos, que ameazaban as fronteiras setentrionais do Imperio. A finais de 1059, cando se atopaba cazando, enfermou repentinamente, e nomeou como sucesor, forzado por Miguel Psellos, a Constantino Ducas. Morreu en 1061, tras tomar o hábito de monxe en Studion, onde se dedicou aos estudos literarios.

Imperio Bizantino

Segue a:
Miguel VI Estratiótico
Isaac I Comneno
Precede a:
Constantino X Ducas
Dinastía Ducas-Comneno

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]