José Manuel Baltar Blanco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 195.235.69.80 (conversa); cambiado á última versión feita por HombreDHojalata
Etiqueta: Reversión
Liña 5: Liña 5:
== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
=== Formación ===
=== Formación ===
Licenciado en [[dereito]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] en [[1990]]. É funcionario do corpo superior da administración xeral de Galiza e xefe do servizo xurídico da [[Xunta de Galicia]] en Ourense. Posúe varios másters en dereito contencioso-administrativo, dereito ambiental ou dirección de recursos humanos e ten tamén o diploma de directivo da Xunta de Galicia.
Fillo de [[Xosé Luís Baltar]]. Licenciouse en [[dereito]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] en [[1990]]. É funcionario do corpo superior da administración xeral de Galiza e xefe do servizo xurídico da [[Xunta de Galicia]] en Ourense. Posúe varios másters en dereito contencioso-administrativo, dereito ambiental ou dirección de recursos humanos e ten tamén o diploma de directivo da Xunta de Galicia.


=== Actividade política ===
=== Actividade política ===

Revisión como estaba o 19 de abril de 2018 ás 12:22

Infotaula de personaJosé Manuel Baltar Blanco

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Presidente da Deputación de Ourense
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiXosé Luís Baltar Editar o valor em Wikidata


José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego militante do PPdeG.

Traxectoria

Formación

Fillo de Xosé Luís Baltar. Licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1990. É funcionario do corpo superior da administración xeral de Galiza e xefe do servizo xurídico da Xunta de Galicia en Ourense. Posúe varios másters en dereito contencioso-administrativo, dereito ambiental ou dirección de recursos humanos e ten tamén o diploma de directivo da Xunta de Galicia.

Actividade política

É o coordinador provincial do Partido Popular de Ourense, onde foi tamén secretario executivo de acción política. Pertence ó comité de dirección do partido e o comité executivo e ás Xuntas Directivas provincial e autonómica. Foi delegado provincial en Ourense da Consellería de Agricultura e vocal de Expourense e da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, onde presidiu a Comisión de Promoción Agroalimentaria.

Na VI Lexislatura accedeu ó Parlamento de Galicia onde presidiu a Comisión de Industria, sendo Voceiro de Emprego do Grupo Popular e membro do seu comité de dirección.

Na VII Lexislatura foi elixido Vicesecretario da Mesa do Parlamento e é poñente da reforma do Estatuto de Autonomía e tamén da reforma do Regulamento do Parlamento. Tamén é Secretario da Deputación Permanente. É concelleiro en Esgos, onde foi tenente alcalde na pasada lexislatura. Tamén figura como suplente de deputado provincial. Foi o coordinador de campaña do PP de Ourense para as eleccións xerais de 2008.

O 6 de febreiro de 2012 foi elixido presidente da Deputación de Ourense, logo da dimisión de Xosé Luís Baltar[1].


Predecesor:
Xosé Luís Baltar
 
Presidente da deputación de Ourense
 
2012 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Outros datos

Foi Presidente do Club Ourense Baloncesto na Liga ACB. No persoal, está casado con María José Caldelas e ten unha filla (Elena).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas