Julián Barrio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
→‎Bibliografía: {{Gallegos}}
Liña 69: Liña 69:
{{Commonscat|Julián Barrio Barrio}}
{{Commonscat|Julián Barrio Barrio}}
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* {{Gallegos|Barrio Barrio, Julián|59}}
* {{Cita libro |nome-editor= {{Versaleta|F.}} |apelidos-editor= {{Versaleta|Barrera}} |ligazón-editor= Feliciano Barrera |título= [[Wikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI|Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI]] |ano= 2002 |editorial= ''[[El Correo Gallego]]'' |isbn= 84-8064-113-4 |páxina= }}


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2018 ás 20:21

Modelo:Eclesiástico Julián Barrio Barrio, nado en Manganeses de la Polvorosa (Zamora, Castela e León) o 15 de agosto de 1946, é un crego católico vinculado a Galicia, arcebispo de Santiago de Compostela desde 1996.

Traxectoria

Julián Barrio.

Formación

Estudou Humanidades e Filosofía no seminario de Astorga e licenciouse en teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca en 1971, ano no que ademais foi ordenado sacerdote. Xa como crego proseguiu os seus estudos e doutorouse en Historia da Igrexa pola Universidade Pontificia Gregoriana en Roma, en 1976, e posteriormente completou os seus estudos licenciándose tamén en Xeografía e Historia na Universidade de Oviedo, en 1979.

Carreira eclesiástica

A partir de 1980 foi vicerreitor do Seminario de Astorga, ata o ano 1992, cando foi nomeado bispo auxiliar de Santiago de Compostela. Colaborou con seu predecesor, o arcebispo Antonio María Rouco Varela, ata que este foi trasladado a Madrid. Foi nomeado Administrador Diocesano de Santiago de Compostela ata o 25 de outubro de 1994 e posteriormente (o 5 de xaneiro de 1996) foi nomeado arcebispo de Compostela por bula do papa Xoán Paulo II.

Dende que asumiu o arcebispado caracterizouse pola súa actitude conservadora e firme nas súas conviccións, continuando coa política do seu antecesor. Defendeu publicamente o catolicismo como "sinal de identidade do pobo español" e opúxose á aprobación legal en España do matrimonio homosexual, afirmando que "o matrimonio é esencialmente heterosexual e base ineludíbel da familia, cuxa quebra supón a quebra da sociedade[1]. Durante o seu arcebispado celebráronse tres Anos Santos, o terceiro deles coa visita do papa Bieito XVI a Santiago de Compostela.

Nomeado presidente da Comisión de Apostolado Segrar da Conferencia Episcopal Española en 2008[2], en 2011 entrou a formar parte do comité executivo da Conferencia Episcopal Española[3]

Como arcebispo de Santiago, foi quen oficiou o funeral de Estado polas vítimas do accidente de Angrois en 2013.

Sucesión apostólica

Artigo principal: Sucesión apostólica.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía