Chichén Itzá: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{Curto de máis|data=agosto de 2017}}
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13: Liña 13:
| Preposición=na
| Preposición=na
}}
}}
'''Chichén Itzá''' é unha cidade arqueolóxica [[Civilización maia|maia]] localizada no estado mexicano de [[Estado de Iucatán|Iucatán]]. O nome ''Chichén-Itzá'' ten raíz [[Lingua maia|maia]] e significa "na beira do pozo do pobo Itza". Estímase que Chichén-Itzá foi fundada por volta dos anos [[435]] e [[455]].
'''Chichén Itzá''' é unha cidade arqueolóxica [[Civilización maia|maia]] localizada no estado mexicano de [[Estado de Iucatán|Iucatán]], en [[México]]. O nome ''Chichén-Itzá'' ten raíz [[Lingua maia|maia]] e significa "na beira do pozo do pobo Itza".<ref>{{cita enciclopedia |apelidos=Barrera Vásquez |nome= Alfredo|editor=Cordemex |enciclopedia= Diccionario Maya - Español - Maya|título= |ano=1980|localización=Mérida, Iucatán, México.}}</ref> Vestixio importante da [[civilización maia]], as edificacións principais corresponden co período clásico serodio ou postclásico temperán (800-1100 dC.).

A arquitectura monumental que chegou até os nosos días, que é emblemática do xacemento, ten unha clara influencia tolteca. O deus que preside o sitio, segundo a [[mitoloxía maia]], é [[Kukulcán]], representación maia de [[Quetzalcóatl]], deus tomado do panteón da [[cultura tolteca]].

Chichén Itzá foi unha cidade<ref>{{Cita web |url=http://www.menendezymenendez.com/2008/08/nuevos-descubrimientos-en-chichn-itz.html |título=Descubrimiento de zona residencial en Chichén Itzá |dataacceso=8 de abril de 2010}}</ref> ou un centro cerimonial, que pasou por diversas épocas construtivas e influencias dos distintos pobos que a ocuparon e que a fixeron medrar dende a súa fundación.

A zona arqueolóxica de Chichén Itzá foi inscrita na lista do [[Patrimonio da Humanidade]] pola [[Unesco]] en [[1988]].<ref>{{Cita web |url=http://whc.unesco.org/es/list/483#top |título=Ciudad prehispánica de Chichén-Itzá (1988) |autor=UNESCO |dataacceso=8 de abril de 2010}}</ref> O [[7 de xullo]] de [[2007]], o Templo de Kukulcán, en Chichén Itzá, foi recoñecido como unha das [[novas sete marabillas do mundo]], por unha iniciativa privada sen o apoio da [[Unesco]], pero co recoñecemento de millóns de votantes arredor do mundo.<ref>{{Cita web |url=http://www.eluniversal.com.mx/notas/435648.html |título=Es Chichén Itzá una de las nuevas maravillas |autor=[[El Universal (México)|El Universal]] |dataacceso=8 de abril de 2010}}</ref>

== Notas ==
{{Listaref}}


{{Marabillas do mundo}}
{{Marabillas do mundo}}

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2017 ás 09:53

Coordenadas: 20°40′58″N 88°34′7.14″L / 20.68278, -88.5686500

Chichén Itzá
Chichén Itzá, Pirámide de Kukulcán
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísMéxico
Localización20º40'58"N 88º34'7.14"E
Criterios(i)(ii)(iii)
Inscrición1988
Identificador483

Chichén Itzá é unha cidade arqueolóxica maia localizada no estado mexicano de Iucatán, en México. O nome Chichén-Itzá ten raíz maia e significa "na beira do pozo do pobo Itza".[1] Vestixio importante da civilización maia, as edificacións principais corresponden co período clásico serodio ou postclásico temperán (800-1100 dC.).

A arquitectura monumental que chegou até os nosos días, que é emblemática do xacemento, ten unha clara influencia tolteca. O deus que preside o sitio, segundo a mitoloxía maia, é Kukulcán, representación maia de Quetzalcóatl, deus tomado do panteón da cultura tolteca.

Chichén Itzá foi unha cidade[2] ou un centro cerimonial, que pasou por diversas épocas construtivas e influencias dos distintos pobos que a ocuparon e que a fixeron medrar dende a súa fundación.

A zona arqueolóxica de Chichén Itzá foi inscrita na lista do Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1988.[3] O 7 de xullo de 2007, o Templo de Kukulcán, en Chichén Itzá, foi recoñecido como unha das novas sete marabillas do mundo, por unha iniciativa privada sen o apoio da Unesco, pero co recoñecemento de millóns de votantes arredor do mundo.[4]

Notas

  1. Barrera Vásquez, Alfredo (1980). Cordemex, ed. Diccionario Maya - Español - Maya. Mérida, Iucatán, México. 
  2. "Descubrimiento de zona residencial en Chichén Itzá". Consultado o 8 de abril de 2010. 
  3. UNESCO. "Ciudad prehispánica de Chichén-Itzá (1988)". Consultado o 8 de abril de 2010. 
  4. El Universal. "Es Chichén Itzá una de las nuevas maravillas". Consultado o 8 de abril de 2010. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.