Gran Pirámide de Gizeh
Coordenadas: 29°58′45.03″N 31°08′03.69″L / 29.9791750, -31.1343583
![]() Gran pirámide de Gizeh. | |
Pirámide | |
---|---|
Construción: | 2560–2540 AdEA |
Medidas: | 146,5 metros (construída) 138,8 metros (actualidade) |
Base: | 230,4 metros |
Pirámide de Khufu |
A Gran Pirámide de Gizeh é a máis vella e a única que sobrevive das sete marabillas do mundo. Os exiptólogos aceptan que a pirámide se construíu nun período de 20 anos, rematando ao redor do 2560 a.n.e.; hai un consenso grande de que a pirámide servía como tumba do faraón exipcio Queops (Khufu) da IV dinastía, polo que ás veces aparece coa denominación de Pirámide de Cheops[Cómpre referencia]. Considérase a Hemiunu como o arquitecto da pirámide. A Gran Pirámide, a maior das 80 de Exipto, está constituída por ao redor de 2 600 000 bloques de pedra cun peso medio de 2,5 toneladas por bloque,[1] aínda que algúns deles chegan ata as 60 toneladas de peso.[2] Orixinalmente, estaba recuberta por uns 27.000 bloques de pedra branca calcaria puídos, creando así catro caras perfectamente lisas que reflectían os raios do sol. Os turcos otománs utilizaron o revestimento da pirámide para construír diversas edificacións no Cairo.[2] A Gran Pirámide foi a estrutura máis alta realizada polo ser humano ata a construción da Torre Eiffel en 1889.
Cámaras e pasaxes interiores[editar | editar a fonte]
|
![]() |
Imaxes do interior[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Construcción de la Gran Pirámide. Egiptologia.com.
- ↑ 2,0 2,1 Cinco datos sorprendentes sobre las pirámides de Guiza. www.20minutos.es.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gran Pirámide de Gizeh |