Saltar ao contido

Faro de Alexandría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Faro de Alexandría
Alexandría Editar o valor en Wikidata
Imaxe
(1909)
 Epónimo
 Parte de
 Estado de uso
 Conservación
 Estilo
 Cultura
Persoas e organizacións
 Encargado por
 Arquitecto/a
Datas
 Fundación / creación
279 a. C. Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1480 Editar o valor en Wikidata
 Retiro do servizo
1303 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
956terremoto
1303 (Gregoriano)1303 Crete earthquake (en) Traducir
1323 (Gregoriano)terremoto
1480demolición
299 a. C.construción Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura137 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Bañado por
31°12′51″N 29°53′06″L / 31.214167, 29.885
Identificadores
VIAF316597654 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04h6_ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O Faro de Alexandría (en grego: ὁ Φάρος τῆς Ἀλεξανδρείας) foi unha das sete marabillas do mundo antigo. Construído no 279 a.C por Sostrato de Cnido por orde de Tolomeo I na illa de Pharos, fronte Alexandría (Exipto). Consistía nunha xigantesca torre sobre a que unha fogueira permanente marcaba a posición da cidade aos navegantes, dado que a costa nesa zona era demasiado chá e por aquel entón carecíase de calquera referencia para a navegación.

Características

[editar | editar a fonte]
O faro de Alexandría, segundo Martin van Heemskerck.

A súa altura alcanzaba 134 metros, sendo no seu momento probablemente o edificio máis alto do mundo, e para a súa construción utilizáronse grandes bloques de vidro, que foron empregados como cimentos para aumentar a resistencia contra a forza do mar. O resto do edificio[1] era de forma octogonal sobre unha plataforma de base cadrada, e estaba composto de bloques de mármore unidos con chumbo fundido. Na parte máis alta, un grande espello metálico reflectía a luz do sol durante o día, e pola noite proxectaba a dunha grande fogueira até unha distancia de 50km. Na parte superior do faro había unha estatua, que se atribúe a Zeus ou a Poseidón, aínda que tamén puido exhibir dúas esculturas de Cástor e Pólux, fillos xemelgos de Zeus, que eran considerados salvadores divinos co cometido de protexeren navegantes, ao abeiro do contido na inscrición "Sostrato de Cnido, fillo de Dxífanes, en nome dos mariñeiros, aos salvadores divinos", en referencia a eles.[2]

Coa excepción das grandes pirámides de Gizeh, só o faro sobreviviu ao resto das Sete Marabillas do Mundo Antigo. Porén, foi severamente danado polos terremotos de 1303 e 1323, até o punto de que o viaxeiro árabe Ibn Battuta escribiu que lle foi imposíbel entrar nas ruínas. Os restos desapareceron en 1480 cando un sultán de Exipto, chamado Qaitbay, usou as ruínas para construír unha fortaleza na zona. Pharos deu orixe á palabra "faro" na maior parte das linguas romances.

Moeda romana coa imaxe do Faro de Alexandría depositada no Museo Arqueolóxico Nacional.

O investigador alemán Hermann Thiersch[3] realizou pescudas sobre a estrutura do faro mediante moedas, terracotas e mosaicos romanos en Libia e Xordania en que se representa a imaxe desta construción. En 1909 publicou o libro Faros que contén os resultados dos seus estudos sobre o Faro de Alexandría.[4]

No verán de 2025,[5] ao abeiro dunha intervención arqueolóxica que dirixiu Isabelle Hairy conseguiron extraer 22 pezas das profundidades do mar, entre as que destaca un pilono, construción con forma de pirámide truncada que franquea a entrada principal dos templos no Antigo Exipto. Esta nova información contribuirá á reconstrución tridimensional do faro, permitiralle ao persoal investigador probar métodos de construción que se atribúen a enxeñeiros ptolemaicos no siglo III a.C. e tamén investigar sobre as posibles causas do derrubamento. Coa recreación dixital quérese ofrecer a posibilidade de adentrarse virtualmente no faro de Alexandría.[6]

Réplica a escala construída en 2005 na Window of the World Cultural Park, en Shenzhen, Guangdong, China.

Pharos era unha pequena illa fronte á costa de Alexandría, conectada co continente polo ser humano cunha conexión denominada Heptastadion, que formaba un lado do porto da cidade. Como a costa exipcia é moi plana e carente de calquera tipo de punto de referencia, considerouse necesario algún tipo de marcador situado na boca do porto, función pola cal foi deseñado inicialmente o faro. O uso do edificio coma o que hoxe é un faro, con lume e espellos reflectores na parte superior, crese que data do século I, durante o período romano. Antes dese momento o Faro servía unicamente coma fito ou un radiofaro (punto de referencia diúrno para a navegación).

  1. admin (2024-06-17). "El Faro de Alejandría: Maravilla de la Antigüedad - Página 2 de 3". Revista de Historia (en portugués). Consultado o 2025-07-02.
  2. "Alejandría - Amigos de la Egiptología (páxina 3)". Egiptologia (en castelán). 2003-07-18. Consultado o 2025-07-02.
  3. Mahaffy, J. P. (1909-06). "Pharos - Pharos Antike, Islam, vnd Occident. Von Hermann Thiersch. Teubner.". The Classical Review (en inglés) 23 (4): 128–129. ISSN 1464-3561. doi:10.1017/S0009840X00003279.
  4. Info, AEDE (2018-05-16). "Artículo: Faro de Alejandría, Egipto". AEDE Web (en castelán). Consultado o 2025-07-02.
  5. "Arqueólogos franceses extraen del agua la monumental puerta del Faro de Alejandría, la Séptima Maravilla del mundo antiguo". La Vanguardia (en castelán). 2025-07-01. Consultado o 2025-07-02.
  6. Palao, Guillermo Carvajal (2025-07-01). "Extraen del fondo del mar 22 grandes bloques del Faro de Alejandría, incluyendo los dinteles de su puerta". La Brújula Verde (en castelán). Consultado o 2025-07-02.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]