Saltar ao contido

Quetzalcóatl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quetzalcóatl
Imaxe
 Instancia de
 Venerado por
Biografía
 Sexo
Familia
 Nai
 Pai
Localización
 Localización
Códigos e identificadores
VIAF8850156497238217740002 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/069r_ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Quetzalcóatl (en náhuatl: Quetzalcōātl) é unha divindade das culturas mesoamericanas, venerado principalmente polos aztecas e os toltecas. O seu nome significa "serpe emplumada" e provén do náhuatl quetzalli, “pluma do paxaro quetzal (Pharomachrus mocinno)”, e coatl, “serpe”).[1] É identificado por algúns investigadores como a principal deidade do panteón centro-mexicano precolombiano. Tamén se coñece como Tecatlipoca Branco, Ce Acatl Topiltzin Quetzalcoatl, Serpe Emplumada, Precioso xemelgo e Tlahuizcalpantecuhtli.[2]

Os aztecas incorporaron esta deidade coa súa chegada ao val de México, no entanto modificaron o seu culto, eliminando algunhas partes, como a prohibición dos sacrificios humanos. Especúlase que a orixe desta deidade provén da cultura olmeca, aínda que a súa primeira aparición inequívoca ocorreu en Teotihuacán. A cultura teotihuacana dominou durante séculos o planalto mexicano. As súas influencias culturais abarcaron gran parte de Mesoamérica, incluíndo as culturas maia, mixteca e tolteca. Os maias nomearon a Quetzalcóatl como Kukulkán.

Quetzalcóatl representa as enerxías telúricas que ascenden, de aí que sexa representado como unha serpe emplumada. Neste sentido, representa a vida, a abundancia da vexetación, o alimento físico e espiritual para o pobo ou o individuo que procura un ascenso espiritual.

Posteriormente, pasou a ser venerado como deus representante do planeta Venus, simultaneamente Estrela da Mañá e Estrela da noite, correspondendo, co seu xemelgo Xolotl, á noción de morte e resurrección. Deus do Vento e Señor da Luz, era, por excelencia, o deus dos sacerdotes. É ás veces confundido co rei sacerdote de Tollan-Xicocotitlan.

Segundo fontes incertas e tradicións orais, unha das representacións deste deus é un home branco, con barba e de ollos claros. Esta representación sería un dos motivos da teoría de que os pobos indíxenas, durante a conquista da Nova España (Mesoamérica), creron que Hernán Cortés era Quetzalcóatl. O académico multiculturalista Serge Gruzinski, analizando as crónicas do século XVI sobre a conquista de México, considera que os aztecas realmente pensaron que Cortés era Quetzalcóatl e esa é unha das razóns pola que os españois dominaron tan facilmente a América Central. Os aztecas crían na volta de Quetzalcóatl e iso contribuíu positivamente no seu contacto cos españois, pensando que foran enviados polo deus.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Quetzalcoatl". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2021-03-29.
  2. Jacques Soustelle (1997). Daily Life of the Aztecs. p. 1506.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]