Saltar ao contido

Mausoleo de Halicarnaso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mausoleo de Halicarnaso
Halicarnaso e Provincia de Muğla Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Parte de
 Nome orixinal
Μαυσωλεῖον της Ἁλικαρνασσοῦ (el) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Estilo
 Conservación
Implicados
 Encargado por
 Arquitecto/a
Sátiro (pt) Traducir
Pytheos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Propietario/a
Organizacións
 Afiliación
Datas
 Fundación / creación
351 a. C. Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1494 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 País de orixe
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF306286988 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0j4wh Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
O Mausoleo de Halicarnaso, pintado por Martin Heemskerck (1498-1574) baseándose en descricións.

O mausoleo de Halicarnaso ou Tumba de Mausolo [a] grego antigo Μαυσωλεῖον τῆς Ἁλικαρνασσοῦ turco Halikarnas Mozolesi) foi unha tumba de mármore branca construída en 353 a.C., situado na Asia Menor, actual Turquía en Halicarnaso (actual Bodrum, Turquía) na honra do rei Mausolo (en grego Μαύσωλος Maúsōlos), un anatolio de Caria e un sátrapa do Imperio Aqueménida, e a súa irmá-esposa Artemisia II de Caria.

Maqueta do Mausoleo de Halicarnaso no Museo de Arqueoloxía Subacuática de Bodrum

A estrutura deseñarona os arquitectos gregos, Sátiro e Pítio de Priene.[1][2] A súa estrutura de tumba elevada deriva das tumbas da veciña Licia, un territorio que Mausolo invadira e anexionara c.360 a.C., como o Monumento ás Nereidas.[3]

O Mausoleo tiña aproximadamente 45 m. de altura, e os catro lados estaban adornados con relevos escultóricos, cada un creado por un dos catro escultores gregos: Leocares, Briaxis, Escopas de Paros e Timoteo.[4] O mausoleo contiña 400 esculturas independentes.[5] O mausoleo considerábase un triunfo estético tan grande que Antípatro de Sidón o identificou como unha das súas Sete Marabillas do Mundo Antigo. Foi destruído por sucesivos terremotos desde o século XII ata o século XV;[6][7] foi a última sobrevivente das seis marabillas destruídas.

A palabra «mausoleo» pasou a usarse xenericamente para unha tumba sobre o chan.

O proxecto da construción foi concibido pola raíña Artemisa, esposa e irmá do rei Mausolo de Caria. A construción puido comezar durante o reinado de Mausolo e puido acabar sobre o ano 350 a.C., tres anos despois da morte de Mausolo e un ano despois do falecemento de Artemisa. A construción foi encargada a dous arquitectos gregos, chamados Sátiros e Piteos, para construíren un soberbio monumento. Os arquitectos construíron unha estrutura rectangular de 30 por 40 m, e sobre ela unha pirámide con 24 banzos e 117 columnas xónicas. No último banzo había unha estatua dunha cuadriga (poxada por catro cabalos) coas esfinxes do rei e a raíña. Para completar esta marabilla, os mellores escultores gregos da época tallaron figuras e relevos na súa estrutura.

O nome á estrutura foi unha homenaxe a Mausolo, e hoxe aplícase o nome de mausoleo a sepulcros suntuosos.

Soportou as invasións e destrución da cidade por parte de Alexandre Magno, os bárbaros e os árabes, pero, finalmente, foi destruído por un terremoto no ano 1404. Durante o século XIV os Cabaleiros de San Xoán acabaron de esnaquizalo e utilizaron os restos para a construción do Castelo de San Pedro de Halicarnaso. Durante esta época, encontráronse unha serie de túneles, debaixo da construción, que levaban aos sarcófagos dos defuntos reis. A tumba foi saqueada por ladróns e por iso hoxe xa non queda case nada dela. Os seus restos están no Museo Británico, en Londres, e tamén en Bodrun, na Turquía.

  1. "Mausoleion" significaba "[edificio] dedicado a Mausolo"; así, "Mausoleo de Mausolo" é unha tautoloxía
    Referencias
    1. Kostof, Spiro (1985). A History of Architecture. Oxford: Oxford University Press. p. 9. ISBN 0-19-503473-2.
    2. Gloag, John (1969) [1958]. Guide to Western Architecture (Revised ed.). The Hamlyn Publishing Group. p. 362.
    3. André-Salvini, Béatrice (2005). Forgotten Empire: The World of Ancient Persia (en inglés). University of California Press. p. 46. ISBN 978-0520247314.
    4. Smith, William (1870). "Dictionary of Greek and Roman Antiquities". p. 744. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2006. Consultado o 21 de setembro de 2006.
    5. "National Geographic – How this massive tomb became a wonder of the ancient world". Zegister (en inglés). 2023-01-02. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2023. Consultado o 2023-01-03.
    6. "The Mausoleum at Halicarnassus". unmuseum.org. Consultado o 5 de febreiro de 2014.
    7. "The Mausoleum of Halicarnassus". bodrumpages.com. Consultado o 5 de febreiro de 2014.

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]

    Bibliografía

    [editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas

    [editar | editar a fonte]