Adonis (poeta): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Escritor |nome = Ali Ahmad Said Esber |image = Adonis Cracow Poland May12 2011 Fot Mariusz Kubik 08.JPG |descrición = Adonis en Cracovia no 2011 |data_de_nacemento = 1 de xa..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de xullo de 2015 ás 15:30

Infotaula de personaAli Ahmad Said Esber

Adonis en Cracovia no 2011
Biografía
Nacemento(ar) علي أحمد سعيد إسبر Editar o valor em Wikidata
1 de xaneiro de 1930
Al-Qassabin, Latakia, Siria
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaParís (1986–)
Beirut (1956–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeLíbano (1963–)
Siria (1963–)
República Siria (1950–1963)
República de Siria (1936–1950)
Alauíta (pt) Traducir (1930–1936)
Francia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam, musulmán sen denominación, antirrelixión e Alauísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Damasco
Universidade San Xosé Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , profesor universitario , especialista en literatura , xornalista , escritor , tradutor , crítico literario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade San Xosé
Shir (1957 - 1970) (en) Traducir
Universidade Libanesa
Mawakif Magazine (1968 - 1994) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Social Nacionalista Sirio (1945–1961) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía
Pseudónimo literarioAdonis
أدونيس Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeKhalida‏ Saeed (1956–)
Premios

Musicbrainz: 334ca3f4-ef57-49d8-b2e8-226ed352bc99 Editar o valor em Wikidata
Nota
Premio Goethe 2011

Ali Ahmad Said Esber (transliteración do seu nome árabe علي أحمد سعيد إسبر) é un poeta, político e profesor sirio-francés nado na cidade de Al-Qassabin, na provincia de Latakia, en Siria na época do mandato francés. Desenvolveu un amplo labor poético ó longo da súa traxectorio, tendo publicados máis de vinte poemarios en lingua árabe. Viviu en Siria, o Líbano e Francia segundo as circunstancias forzábano a fuxir. A día de hoxe é considerado o poeta máis importante en lingua árabe vivo, amais de ser un dos poucos expoñentes do modernismo árabe inda vivo. Malia ser recoñecido mundialmente e un dos máis repetidos candidatos ó premio Nobel de Literatura, os seus ideais ateos e mais comunistas provocaron un forte rexeitamento cara á súa persoa en moitos círculos, especialmente entre os gobernos árabes máis integristas (quen prohibiron a súa obra, coma en Irán ou Marrocos).

Vida

Nado no 1930 en Siria, o seu pai era un labrego dunha comunidade xií que lle aprendeu poemas clásicos en árabe e o Corán enteiro. Ao cumprir dezasete anos, tivo a oportunidade de recitar un poema da súa produción fronte ao daquela presidente de Siria, de xira pola rexión. Fondamente impactado, o presidente ofertoulle o premio que el quixese, ao que o mozo respostou que quería ir á escola.

Tralos seus exitosos estudos ingresa na Universidade de Damasco, onde se licenza en Filosofía no 1954. Nesta época comeza a empregar o seu seudónimo de Adonis (segundo el conta por mor de que as revistas non lle aceptaban os seus poemas baixo o seu nome real, daquela o agochou xusto despois de ler o famoso mito grego) e a achegarse ó ateísmo e ó comunismo. Ao ano seguinte pasaría seis meses en prisión por ser parte do Partido Socialista Nacionalista Sirio, trala súa ceiba, marcha ao Líbano, onde fundará xunto con outros poetas a revista de poesía Shi'r. Recibirá unha beca de estudo entre 1960-61 en París, o que lle permitirá falar un francés fluído. Comezará a impartir clases na Universidade de Beirut, da que será catedrático de Literatura Árabe de 1970 a 1985, se ben polo 1980 xa emigrara a París para fuxir da Guerra Civil Libanesa. Á súa chegada a Francia xa acadara fama abonda, polo que impartirá clases na Sorbona de Literatura Árabe ata retirarse para adicarse en exclusividade a compór poemas, ensaios e traducir.

Na actualidade vive no barrio da Defensa, o distrito financieiro parisino, sendo un persoeiro fortemente activo na vida cultural da cidade e da clase intelectual mundial. Fixo declaracións en contra da Revolución Árabe por considerala reaccionaria baixo o seu falso discurso democrático e realiza conferencias e viaxes polo mundo (chegou a estar no Goiás o 11 de xuño do 2014 nun recital no que o acompoñou Yolanda Castaño):

Estilo