Bordeos: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Modifico: pnb:بورڈو |
m r2.7.2+) (Bot: Engado: mzn:بوردو (فرانسه) |
||
Liña 181: | Liña 181: | ||
[[mr:बोर्दू]] |
[[mr:बोर्दू]] |
||
[[ms:Bordeaux]] |
[[ms:Bordeaux]] |
||
[[mzn:بوردو (فرانسه)]] |
|||
[[nl:Bordeaux (stad)]] |
[[nl:Bordeaux (stad)]] |
||
[[nn:Bordeaux]] |
[[nn:Bordeaux]] |
Revisión como estaba o 29 de agosto de 2012 ás 18:37
| |||
Mapa | |||
---|---|---|---|
Información | |||
País | Francia | ||
Rexión | Aquitania | ||
Superficie | 49,36 km² | ||
Poboación | 230.600 (2007 est.) | ||
Densidade | 4.658 h/km² (2007 est.) | ||
Alcalde | Alain Juppé (dende o 2006) | ||
www.bordeaux.fr Páxina Oficial |
Bordeos (en occitano: Bordèu; en francés: Bordeaux) é unha cidade do sudoeste de Francia, capital da rexión de Aquitania e do departamento da Xironda. Está cruzada polo río Garona. O seu xentilicio en lingua galega é bordelés/-esa, e burdigalense/-a[1].
É un porto accesible para os barcos de altura. Pero os máis atracan augas abaixo do Gironde, principalmente en Verdon. Posúe a derradeira ponte da embocadura do Gironda, a ponte de Aquitania. Máis alá, o Garona, e despois o Gironde, non son franqueables máis que por algúns barcos.
Urbanismo
Bordeos é unha cidade na que o desenvolvemento precoz conduciu rapidamente á urbanización completa do territorio municipal, e tamén ó crecemento nos barrios dos arredores, dende o comezo do século XX, como demostra a evolución do número de habitantes.
Tras un período de rápido despoboamento e de importantes traballos de renovación dos barrios máis antigos, a poboación da cidade estabilizouse. Ó mesmo tempo, a aglomeración desenvolveuse a un ritmo rápido, debido a unha forte urbanización. Isto está moi ligado ó feito de que a tipoloxía das construcións da aglomeración bordelesa excede raramente dous, ás veces tres andares, nos arrabaldes.
Despois de abandonado un proxecto de metro automático, Bordeos dotouse dunha especie de tranvía, inaugurado o 21 de decembro de 2003.
Historia
Bordeos foi fundada no século III aC co nome de Burdigala polos Bituriges Vivisci (literalmente "biturixes desprazados"), que eran un pobo galo da rexión de Bourges. O primeiro emprazamento situouse na embocadura do Devèze, un afluente do Garona, próximo ó Gironde.
Nesa época actuou como un emporium, un tipo de vila de comerciantes, controlando as rotas do estano e do chumbo entre os portos galos do río Loira e a república romana.
Despois da ocupación romana, Burdigala desenvolveuse e acabou por se converter na cidade máis opulenta da Galia. No século II quitoulle a Saintes (daquela Mediolanum Santonum) o título de capital administrativa da provincia de Aquitania.
Do século XII ao século XV a cidade é un feudo dos reis de Inglaterra.
O século XVIII é a súa época dourada, co florecente comercio coas Antillas. As suntuosas mansións costeiras son desa época.
Durante a primeira guerra mundial, estando París ameazado polo avance dos exércitos alemáns, o goberno francés reprégase en Bordeos. Fixo mesmo de capital en 1940, antes da derrota.
Administración
Dende 1966, Bordeos é a sede da Comunidade Urbana de Bordeos, que comprende 27 concellos: Ambarès-et-Lagrave, Ambès, Artigues-près-Bordeaux, Bassens, Bègles, Blanquefort, Bordeos, Bouliac, Le Bouscat, Bruges, Carbon-Blanc, Cenon, Eysines, Floirac, Gradignan, Le Haillan, Lormont, Mérignac, Parempuyre, Pessac, Saint-Aubin-de-Médoc, Saint-Louis-de-Montferrand, Saint-Médard-en-Jalles, Saint-Vincent-de-Paul, Le Taillan-Médoc, Talence, Villenave-d'Ornon.
Bordeos está dividido en 8 cantóns:
- O 1º cantón conta 24.453 habitantes,
- O 2º cantón conta 23.855 habitantes;
- O 3º cantón conta 31.634 habitantes;
- O 4º cantón conta 30.994 habitantes;
- O 5º cantón conta 25.184 habitantes;
- O 6º cantón conta 27.302 habitantes;
- O 7º cantón conta 12.993 habitantes;
- O 8º cantón conta 38.948 habitantes.
Monumentos
A cidade está clasificada como Patrimonio da Humanidade grazas ao seu conxunto escultórico e arquitectónico.
- Monumento ós xirondinos e á República.
- Grand Théâtre.
- Ponte de Pedra.
- Catedral de Santo André.
- Palacio Rohan, onde está a casa do concello.
- Praza das Quinquonces, segunda praza máis grande de Francia (despois da praza da Concordia en París).
- Palacio Gallien, derradeiro vestixio da época galo-romana.
- Porta Cailhau, unha das portas da antiga muralla medieval.
- La Grosse Cloche, segunda porta restante da antiga muralla medieval.
- Torre Pey Berland.
Cidades irmás e socias
Cidades irmás
- Modelo:RUb Bristol, Reino Unido, desde 1947.
- Lima, Perú, desde 1957.
- Quebec, cidade, Quebec, Canadá, desde 1962.
- Múnic, Alemaña, desde 1964.
- Os Ánxeles, Estados Unidos, desde 1968.
- Porto, Portugal, desde1978.
- Fukuoka, Xapón, desde 1982.
- Madrid, España, desde 1984.
- Ashdod, Israel, desde 1984.
- Baku, Acerbaixán, desde 1985.
- Casablanca, Marrocos, desde 1988.
- Wuhan, China, desde 1998.
- Oran, Alxeria, desde 2003.
Cidades socias
notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bordeos |