76
edicións
Sem resumo de edição |
m (Bot: arranxo a ligazón obsoleta allmusic.com) |
||
Drake comezou a gravar o seu álbum de debut ''[[Five Leaves Left]]'' en 1968, con Boyd como produtor. As sesións tiveron lugar no estudio Sound Techniques, en Londres, con Drake faltando a clase para poder viaxar en tren á capital. Inspirado pola produción de [[John Simon]] do primeiro disco de [[Leonard Cohen]], Boyd tratou de gravar a voz de Drake cun estilo similar, próximo e íntimo, "sen o brillo da [[reverberación]] pop".<ref name ="Boyd">Boyd (2007)</ref> Tamén procurou incluír arranxos de corda similares aos de John Simon, "sen que soaran excesivos...nin cursis".<ref name ="Boyd"/> Como apoio, Boyd recrutou a xente da escena [[folk rock]] londiniense, como o guitarrista de Fairport Convention [[Richard Thompson]] e o baixista [[Danny Thompson]] do grupo [[Pentangle]]. Contratou a [[John Wood]] como enxeñeiro de son, e contou con Richard Hewson para facer os arranxos de corda.
O comezo da gravación non foi ben; as sesións foron irregulares e ás presas, levándose a cabo durante os tempos mortos da produción do disco ''[[Unhalfbricking]]'' de Fairport Convention. Xurdiu tensión entre o artista e o produtor en canto a que dirección debería tomar o álbum—Boyd defendía o enfoque de [[George Martin]] de "empregar o estudio como un instrumento", mentres que Drake prefería un son menos tratado. Dann remarca que nas gravacións non oficiais tomadas das sesións Drake semellaba "tenso e ansioso", e sinala varios intentos de instrumentación errados de Boyd.<ref name="Dann"/> Ambos estaban descontentos coa contribución de Hewson, que lles parecía que soaba demasiado corrente para as cancións de Drake.<ref name="Dann"/> Drake suxeriu substituílo polo seu amigo da universidade Robert Kirby, aínda que Boyd era escéptico en empregar a un estudante de música amateur e sen experiencia en gravacións. De tódolos xeitos, convenceuno a inusitada persistencia de Drake, e accedeu a poñelo a proba.<ref name ="Boyd"/> Kirby amosáralle previamente a Drake algúns arranxos para as súas cancións,<ref name="Paphides1"/> e finalmente fixo unha adaptación para cuarteto de [[música de cámara]] a maiores que repercutiu no son final do disco.<ref>Raggett, Ned. "[http://www.allmusic.com/
Algunhas dificultades na [[posprodución]] atrasaron varios meses a saída do disco, que unha vez no mercado foi pobremente comercializado e promovido.<ref name="Dann"/> As reseñas na prensa musical foron escasas e pouco entusiastas. En xullo, a ''[[Melody Maker]]'' referíase ao disco como "poético" e "interesante"; na ''[[New Musical Express]]'' líase en outubro que non había nel "suficiente variedade como para facelo entretido".<ref>Humphries (1997), pp.101–102</ref> Recibiu pouco apoio radiofónico excepto por parte de [[John Peel]] na BBC, que puña cancións de cando en vez.<ref name ="Boyd"/> Drake estaba descontento coa funda do disco, na que aparecían cancións en orde incorrecta e se reproducían estrofas que foran omitidas na versión gravada.<ref name="Dann"/> A súa decepción co resultado final intúese nun comentario da súa irmá [[Gabrielle Drake|Gabrielle]] nunha entrevista: "Era moi reservado. Eu sabía que estaba facendo un disco pero non souben en que etapa estaba até que entrou no meu cuarto e dixo, 'Aquí o tes.' Lanzouno á cama e marchou!"<ref name="Paphides1"/>
En agosto, Drake gravou tres cancións en solitario para o programa de [[John Peel]] na [[BBC]]. Dous meses despois, teloneou a Fairport Convention no Royal Festival Hall de Londres, e con posterioridade fixo dúas actuacións en clubs de música folk de Birmingham e Hull. Lembrando a súa actuación en Hull, o cantante folk [[Michael Chapman]] comentou: "Aos folkis non lles gustou; eles querían cancións con refrán. Non entenderan o concepto en absoluto. El non dixo unha palabra en toda a noite. De feito foi bastante doloroso de velo. Non sei o que esperaba o público, quero dicir que deberían ter sabido que non ouvirían cancións para cantar a coro nun concerto de Nick Drake!"<ref name="Chronology"/> Esta experiencia reforzou a decisión de Drake de deixar de actuar en público; os poucos concertos que fixo nesta época foron en xeral breves, incómodos, e pouco multitudinarios. Rara vez se dirixía cara o público, e como tocaba algunhas cancións en tonalidades diferentes, paraba a miúdo entre cancións para afinar a súa guitarra.<ref name="Sandall">Sandall, Robert. "[http://www.telegraph.co.uk/arts/main.jhtml?xml=/arts/2004/05/20/bmdrake20.xml Brighter Very Much Later]". ''Daily Telegraph'', 20 de maio de 2004.</ref>
O segundo álbum de Drake tiña por título ''[[Bryter Layter]]'' e foi editado en [[1970]]. Tamén producido por Boyd e con Wood coma enxeñeiro de son, o disco tiña un ton máis optimista,<ref name="Unterberger">Unterberger, Richie. "[http://www.allmusic.com/
Pouco despois do lanzamento, Boyd vendeu Witchseason ao selo Island Records, e marchou a [[Los Angeles]] para traballar coa produtora [[Warner Brothers]] no desenvolvemento de bandas sonoras de películas. A perda do seu mentor, e as poucas ventas do seu disco levaron de novo a Drake a un estado de depresión. A súa actitude en Londres cambiara: non era feliz vivindo só, e estaba visiblemente nervioso e incómodo nunha serie de concertos nos primeiros anos 70. En xuño, Drake fixo unha das súas últimas aparicións no [[Ewell]] Technical College de Londres. [[Ralph McTell]], que tamén tocou aquela noite lembra que "Nick estaba monosilábico. Naquel concerto estivo moi tímido. Algo horrible debeu pasar. Estaba tocando, "Fruit Tree", e marchou do escenario no medio da canción."<ref name ="Macaulay">Macaulay, Stephen. "[http://www.gloriousnoise.com/articles/2006/nick_drake_bartleby_the_musici.php Nick Drake - Bartleby the Musician]". ''Glorious Noise'', 2 de outubro de 2006.</ref> A súa frustración converteuse en depresión,<ref>Fitzsimmons, Mick. "[http://www.bbc.co.uk/radio2/shows/criticallist/must_have_bryter.shtml Bryter Layter – Nick Drake]". ''BBC.co.uk'', 2002.</ref> e en 1971 Drake foi convencido pola súa familia para que visitara un [[psiquiatra]] no St Thomas's Hospital de Londres. Fóronlle prescritos unha serie de antidepresivos, máis sentíase incomodo e avergoñado de tomalos, tratando de ocultárllelo aos seus amigos.<ref>Humphries (1997), p. 166</ref> Sabía o suficiente sobre drogas como para sentirse preocupado polos efectos secundarios e pola reacción co consumo habitual de cannabis.<ref name="Dann"/>
|
edicións