Yangon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Rangún")

Coordenadas: 16°48′N 96°9′L / 16.800, -96.150

Yangon
ရန်ကုန် (en birmano)
Flag of Yangon Division.svg
Downtown Yangon (2006).jpg
Vista da cidade
Situación xeográfica
Yangon en Birmania
Yangon
Yangon
País Flag of Myanmar.svg Myanmar
Rexión Territorio de Yangon
Xeografía
Altitude msnm
Superficie 598,75 km²
Poboación
Poboación 5.998.000 hab. (2010)
Densidade 10.000 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde Hla Myint
Páxina web
Este artigo amosa escritos birmanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Yangon (en birmano: ရန်ကုန်) é unha cidade de Myanmar, a maior e máis importante do país (4.668.755 hab. en 2007), e capital do mesmo ata o 2005 no que foi substituída pola nova cidade de Naypyidaw.

Situada no delta do Irawadi, a beira da súa póla máis oriental preto da desembocadura no Mar de Andamán, é o principal porto, centro industrial, comercial, financeiro e cultural de Myanmar.

Naceu coma cidade cando, en 1753, o rei Alaungpaya conquistou o que dende o século V era unha vila de pescadores xunto a un templo mon, Dagon, renomeándoa Yangon, "sen inimigos".

En 1852 caeu en mans do Imperio Británico que a chamaron Rangoon (Rangún).

Historia[editar | editar a fonte]

Santuario de peregrinación[editar | editar a fonte]

As orixes de Yangon van unidas ás do templo Shwedagon, unha estupa budista (pagode) erixida pola etnia Mon, segundo a lenda antes da morte de Buda (século V aC) con reliquias súas. Os arqueólogos, con todo, a datan entre o século VI e o X (inicialmente de nove metros de altura). A seu carón, na beira do río Yangon (en realidade o brazo máis oriental do delta do Irawadi), desenrolouse unha aldea pesqueira do mesmo nome, Dagon.

Pagode Shwedagon, 1825.

O pagode foi arruinándose ata que no século XIV sucesivos rexes Mon de Bago (Pegu) a reconstrúen cada vez máis alta (acadando os 98m no século XV). Converteuse no santuario máis importante do reino, centro de peregrinación e Dagon, ao mesmo tempo, nun importante porto (inda que o porto comercial de cabeceira da rexión era o próximo Siriam, na beira oriental do río Pegu). Neste tempo foi fundado un novo asentamento ao oeste do Shwedagon.

Yangon[editar | editar a fonte]

Nos séculos seguintes, o pagode foi seriamente danado por varios terremotos. En 1755, o rei Alaungpaya, fundador da dinastía Konbaung, conquista Dagon e renoméaa Yangon. Convértea en cidade, agrandándoa engadindo asentamentos no sur do Shwedagon ao longo do río ( de oeste a leste Ahlon, Pabedan, Kyauktada e Botataung) arredor doutra pagode, Sule (que existía dende o tempo de Dagon). Asemade, faina porto do reino en detrimento de Siriam, destruído. En 1768, tras un novo terremoto que derruba o pináculo do Shwedagon, o rei Hsinbyushin reconstrúeo co seu aspecto dourado actual.[1][2] O rei Thayawaddy (1837-46) enriqueceu a cidade con templos e un complexo pacego na actual Dagon Township (inmediacións do Shwedagon).

Rangún colonial[editar | editar a fonte]

Destruída polo lume en 1841 e polos británicos cando a súa conquista en 1852, a cidade foi refeita segundo un plano reticular en paralelo ao río (deseño do enxeñeiro militar A. Fraser[3]) centrado no Pagode Sule, onde situáronse os edificios administrativos.[4] Nas mazás arredor desenrolouse o comercio e actividades sociais. Nas máis exteriores, a área residencial e dos grupos étnicos (vg. a cidade chinesa). As mazás cadradas foron a súa vez divididas lonxitudinalmente na dirección perpendicular ao río (norte-sur) con rúas intermedias máis estreitas.[5]

Co nome de Rangún (Rangoon) foi declarada capital da Birmania Británica en 1885.

Ademais os británicos continuaron a fortalecer a cidade coma centro comercial e portuario da rexión (ferrocarril), o que produciu un gran crecemento de poboación, aparecendo novos barrios cara ao norte, arredor de dous reservorios de auga artificiais, o Lago Kandawgyi (Lago Real) xunto ao Shwedagon e o Inya máis lonxe do centro[6]. Tamén dotaron á capital dos servizos e institucións (hospitalarias, educativas) dunha cidade moderna.

Independencia e loita democrática[editar | editar a fonte]

Despois dunha breve ocupación xaponesa foi nomeada capital da Birmania independente en 1948.

O crecemento continuou, pero co advenimento, a partir de 1962, de xuntas militares aislacionistas e xenófobas ao poder, a cidade foi perdendo pulo a vez que actividade cosmopolita (e mesmo caendo en certo abandono). Recuperou o seu antigo nome de Yangon en 1989 pero en 2005 as autoridades designaron Naypyidaw coma nova capital administrativa da renomeada Myanmar. A conseguinte emigración de persoal e embaixadas supón un novo golpe ao que engadiuse a destrución de gran parte da súa infraestrutura industrial tralo paso do ciclón Nargis en 2008.

As periódicas revoltas antigobernamentais e prodemocráticas teñen en Yangon o seu principal escenario, con resultados sanguentos ata o de agora.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pintura do s.XIX coa vía de acceso ao Shwedagon [1]
  2. Plano de Yangon, 1824 [2]
  3. Plano de Rangún [3]
  4. Plano de Rangún, 1893 [4]
  5. Plano de Rangún coa partición das mazás en lotes lonxitudinais con rueiros intermedios, 1924 [5]
  6. Mapa de Yangon cos desenrolos cara ao norte [6]
Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yangon Modificar a ligazón no Wikidata