Camden Town

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Camden")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Camden Town 9.jpg

Camden Town, a miúdo abreviado a Camden (ambiguamente usado tamén para o London Borough of Camden do que é a parte central), é un distrito do Inner London no noroeste da cidade. Está situado a 3,9 km ó Nor-noroeste de Charing Cross e é un dos 35 maiores centros identificados no London Plan.

Establecido como un distrito residencial desde 1791 e orixinalmente parte do solar de Kentish Town e a parroquia de St Pancras, Londres, Camden Town converteuse nun lugar importante durante o desenvolvemento primeiro do ferrocarril e está tamén situado na rede de canais de Londres. A súa base económica foi trocada pola venda polo miúdo, o turismo e o entretemento, incluíndo un número de mercados coñecidos internacionalmente e locais de música asociados á cultura alternativa.