Saltar ao contido

Melody Maker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Melody Maker
 Título
    Melody Maker (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Lingua
Datas
 Data de comezo
xaneiro de 1926 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
decembro de 2000 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
1926 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
decembro de 2000 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
ISSN0025-9012 Editar o valor en Wikidata
OCLC1606149 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02cdqq Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Melody Maker (en galego "Creador de melodías") era unha publicación do Reino Unido que, consonte a súa empresa editora, IPC Media, chegou a se converter na revista semanal de música máis antiga do mundo.

Fundouse en 1926, enfocada soamente aos músicos profesionais, e logo pasou a centrarse no mundo do jazz. Nos anos 50 comezou aos poucos a cubrir o mundo do rock, e aumentou a súa circulación ata ameazar o liderado do New Musical Express (NME). As vendas continuaron a subir e no comezo dos anos 70 chegou á marca de 250.000 copias por semana.

A publicación continuou a tratar só sobre rock e música indie, sacrificando o tratamento doutros temas como a música de baile, e incluía críticas de equipamentos musicais e de cintas de demostración enviadas polos lectores, dúas cousas que a diferenciaban do NME. As vendas comezaron a decaer e ao final dos anos 90 a MM foi relanzada no formato revista.

Deixou de publicarse en 2000, mesturándose oficialmente coa NME (publicada pola mesma empresa, a IPC Medía), que herdou algúns dos seus xornalistas e das súas seccións.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.