Jimmy Chamberlin: Diferenzas entre revisións
m {{idade}} |
mSen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Artista musical |
|||
{{Músico |
|||
| nome = Jimmy Chamberlin |
| nome = Jimmy Chamberlin |
||
| imaxe = [[Ficheiro:Jimmy Chamberlin Copyright Matthew Drewicz 2005-2007.JPG|200px]] |
| imaxe = [[Ficheiro:Jimmy Chamberlin Copyright Matthew Drewicz 2005-2007.JPG|200px]] |
||
| lenda = |
| lenda = |
||
| nome completo = James Joseph Chamberlin |
| nome completo = James Joseph Chamberlin |
||
| |
| alias = |
||
| naceu = [[10 de xuño]] de [[1964]] {{Idade|10|06|1964}} |
|||
| orixe = Joliet, |
| orixe = [[Joliet, Illinois]] {{USAb}} |
||
| |
| morreu = |
||
| ocupación = |
|||
⚫ | |||
| xénero = |
|||
| instrumento = batería |
|||
| tipo de voz = |
|||
| selo = |
|||
⚫ | |||
| tempo en activo = |
|||
| web = |
|||
}} |
}} |
||
'''James Joseph "Jimmy" Chamberlin''' naceu o [[10 de xuño]] de [[1964]] en Joliet, [[Illinois]]. É o baterista da banda [[The Smashing Pumpkins]] e foino de [[Zwan]], despois da separación da primeira no ano [[2000]]. No ano [[2005]] editou o seu primeiro disco en solitario titulado ''Life Begins Again'' co seu proxecto [[The Jimmy Chamberlin Complex]]. |
'''James Joseph "Jimmy" Chamberlin''' naceu o [[10 de xuño]] de [[1964]] en Joliet, [[Illinois]]. É o baterista da banda [[The Smashing Pumpkins]] e foino de [[Zwan]], despois da separación da primeira no ano [[2000]]. No ano [[2005]] editou o seu primeiro disco en solitario titulado ''Life Begins Again'' co seu proxecto [[The Jimmy Chamberlin Complex]]. |
||
Revisión como estaba o 6 de abril de 2010 ás 01:20
James Joseph "Jimmy" Chamberlin naceu o 10 de xuño de 1964 en Joliet, Illinois. É o baterista da banda The Smashing Pumpkins e foino de Zwan, despois da separación da primeira no ano 2000. No ano 2005 editou o seu primeiro disco en solitario titulado Life Begins Again co seu proxecto The Jimmy Chamberlin Complex.
Biografía
Chamberlin formouse como baterista de jazz e tocou en numerosos conxuntos locais antes de unirse a The Smashing Pumpkins pouco despois da súa formación en 1988.
Chamberlin tivo problemas coas drogas o que fixo que fose expulsado da banda en 1996. Durante a xira do Mellon Collie and the Infinite Sadness, antes duns concertos no Madison Square Garden, en Nova York, Jimmy e Jonathan Melvoin, teclista da banda durante a xira, consumiron heroina no hotel, e este último morreu de sobredose. Este feito propiciou a súa saída da banda. Durante o resto da xira foi substituído por bateristas de estudio.
A finais dese mesmo ano, mentres estaba en proceso de rehabilitación, uníuse á banda The Last Hard Men do ex-cantante de Skid Row Sebastian Bach. O grupo editou un único álbum co mesmo nome que a banda.
Tres anos máis tarde, en 1999, Chamberlain voltou a The Smashing Pumpkins. Sen embargo, un ano despois, en decembro do 2000, a banda separouse. El tocou nos dous últimos álbums da banda, Machina e Machina II.
En 2001 uníuse á nova banda do seu amigo e compañeiro en The Smashing Pumpkins Billy Corgan, Zwan. O conxunto separaríase en 2003, despois de editar o seu único disco, Mary Star of the Sea.
Durante a existencia de Zwan, en 2002 Chamberlin casou coa súa moza Lori. O matrimonio tivo unha filla, Audrey, en decembro dese mesmo ano.
Posteriormente Chamberlin formou The Jimmy Chamberlin Complex, coa cal gravou o seu álbum de estrea en 2004. A banda incluía a Chamberlin (batería e voz), Billy Mohler (baixo; tamén en The Calling), Sean Woolstenhulme (guitarra; tamén en Lifehouse), e Rob Dickinson (voz; membro de Catherine Wheel). The Jimmy Chamberlin Complex editou Life Begins Again o 25 de febreiro de 2005. Chamberlin tivo tamén un proxecto paralelo co cantante de Dead Kennedys, Jello Biafra.
Recentemente The Smashing Pumpkins volveu a reunirse contando unicamente con Chamberlin e Billy Corgan da súa antiga formación. A finais do ano 2006 comezaron a gravación do seu novo disco, Zeitgeist, que será editado o 10 de xullo do 2007. A banda realizou o seu primeiro concerto dende decembro do 2000 o día 22 de maio do 2007 en París. A nova formación conta co guitarrista Jeff Schroeder e a baixista Ginger Reyes.