País insular: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: lb:Inselstaat |
m Bot: corrixir ligazón a ' Trindade e Tobago' |
||
Liña 61: | Liña 61: | ||
*[[Ficheiro:Flag of East Timor.svg|20px]] [[Timor Oriental]] |
*[[Ficheiro:Flag of East Timor.svg|20px]] [[Timor Oriental]] |
||
*[[Ficheiro:Flag of Tonga.svg|20px]] [[Tonga]] |
*[[Ficheiro:Flag of Tonga.svg|20px]] [[Tonga]] |
||
*[[Ficheiro:Flag of Trinidad and Tobago.svg|20px]] [[Trinidad e Tobago]] |
*[[Ficheiro:Flag of Trinidad and Tobago.svg|20px]] [[Trindade e Tobago - Trinidad and Tobago|Trindade e Tobago]] |
||
*[[Ficheiro:Flag of Tuvalu.svg|20px]] [[Tuvalu]] |
*[[Ficheiro:Flag of Tuvalu.svg|20px]] [[Tuvalu]] |
||
*[[Ficheiro:Flag of Vanuatu.svg|20px]] [[Vanuatu]] |
*[[Ficheiro:Flag of Vanuatu.svg|20px]] [[Vanuatu]] |
Revisión como estaba o 2 de setembro de 2009 ás 09:19
Un país insular é un estado limitado totalmente a unha illa ou a un grupo de illas, e que non ten ningún territorio sobre o continente. No mundo existen corenta e oito países insuares, incluíndo os máis pequenos.
Os países insulares poden ser clasificados en dous grupos. Un grupo comprende aqueles que son grandes, relativamente populosos, e polo xeral preto dun continente. Estes inclúen Xapón, Sri Lanka, Filipinas, Cuba, o Reino Unido, Islandia e Madagascar. O membro máis grande deste grupo, e o país insular máis grande, é Indonesia. Estes países, tipicamente, comparten semellanzas culturais e políticas cos seus veciños continentais. O seu estado insular era unha vantaxe importante que os illou de invasións, e fíxoos importantes no comercio rexional debido á súa localización e ás capacidades marítimas da poboación. Australia forma parte desta categoría, con todo, varios estudos considérana como sector continental de Oceanía.
O outro grupo comprende países máis pequenos como Malta, Chipre, as Comores, Bahamas, Tonga, e as Maldivas. Estes países tenden a ser moi diferentes dos países continentais. O seu pequeno tamaño, polo xeral, quere dicir que contan con pouca terra agrícola e escasos recursos naturais. Con todo, na actualidade, estes pequenos países insuares convertéronse en centros turísticos, facéndose en moitos o turismo, a industria dominante.
Algúns países insulares son centrados a unha ou dúas illas principais, como o Reino Unido. Outros espállanse ao longo de centos ou miles de pequenas illas, como Indonesia ou as Maldivas. Algúns países comparten as súas illas con outros países; estes inclúen a República de Irlanda, Haití e República Dominicana que comparten a illa de Santo Domingo ou A Española, e Papúa Nova Guinea.
Listaxe de países insulares
Véxase tamén
- Lista de Illas (por país)
- Países do mundo