Ramiro I de Oviedo
Ramiro I no Cartulario Máximo da catedral compostelá, 1780-81. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 791 Oviedo, España |
Morte | 1 de febreiro de 850 (58/59 anos) Oviedo, España |
Lugar de sepultura | panteón real da catedral de Oviedo |
Monarca do Reino de Asturias | |
842 – 850 ← Afonso II de Oviedo – Ordoño I de Oviedo → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Carreira militar | |
Conflito | Reconquista |
Outro | |
Título | Rei de Asturias |
Familia | Dinastía ástur-leonesa |
Cónxuxe | Paterna Urraca |
Fillos | Ordoño I de Oviedo () Urraca Rodrigo II de Castela () |
Pai | Vermudo I o Diácono |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Ramiro I, nado ca. do ano 792, sucedeu a Afonso II como rei de Galiza[1] após depoñer o nobre palatino Nepociano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou a mocidade na corte ovetense. Parente do rei Afonso II (talvez sobriño), foi nomeado herdeiro cara ao ano 829, sendo a continuación enviado á Galiza nuclear, un xeito de asegurar a súa sucesión.[3]
Morto Afonso "o casto" sen herdeiros, o trono foi ocupado por Nepociano, segundo a Crónica Albeldense, un nobre emparentado co propio rei que contaba con apoios na parte oriental do reino. Porén, Ramiro foi coroado como rei en Lugo polos seus partidarios en xaneiro do ano 843[4], marchando a continuación contra Oviedo. Nepociano, cun exército de ástures e vascóns, saíu ao seu paso enfrontándoo nas proximidades da ponte do río Narcea. As forzas de Ramiro impuxéronse doadamente facendo fuxir a Nepociano quen, unha vez capturado foi cegado e confinado nun mosteiro por orde do rei Ramiro.[5]
Durante o seu conflitivo reinado, Ramiro enfrontou incursións musulmáns por mar e terra e os primeiros ataques dos normandos. Segundo os Annales Bertiniani, no 1 de agosto de 844, un grupo procedente dunha expedición pola costa francesa foi rexeitado polo seu exército nos arredores da Coruña forzándoos a continuar cara Lisboa.[6][7]
Ao seu tempo fíxose remontar posteriormente a ficticia batalla de Clavijo coa que se inventou a tradición do "Voto de Santiago". Cedeu a coroa ao seu fillo Ordoño I á súa morte no ano 850[8].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. CSIC. p. 136.
Ramiro rei dos galegos (citando a Ibn Haián, Ibn Khaldun e al-Qalqashandi)
- ↑ "Bandeiras Cristiás Galegas: A Cruz de Santiago, Santo Patrón de Galicia". www.bandeiragalega.com. Consultado o 2022-09-20.
- ↑ Cotarelo Valledor (1933). p.43
- ↑ Carriedo Tejedo, Manuel (2002). "La coronación de Ramiro I en Lugo (enero de 843)" (PDF). Lucensia (25): 346–348. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2020. Consultado o 30 de decembro de 2020.
- ↑ Peres Vigo, Alexandre (2022-09-20). "Ramiro I e Ordoño I. Uns novos reis galaicos". Nós Diario. Consultado o 2022-09-20.
- ↑ Sánchez Pardo 2010, p. 61.
- ↑ Sánchez Prado, Jose Carlos (2010). "Los ataques vikingos y su influencia en la Galicia de los siglox IX-X" (PDF). Anuario Brigantino (33): 61.
- ↑ Crego Gómez, María. La fuente árabe de la historia del Emirato omeya de al-Andalus en la Historia Arabum de Jiménez de Rada.
mortuus est Ranimirus filius veremudi rex gallecie et filius eius Ordonius successit in regno
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Ramiro I e Ordoño I. Uns novos reis galaicos. |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cotarelo Valledor, Armando (1933) [1914]. Alfonso III el Magno. Último rey de Oviedo y primero de Galicia (en castelán).
- Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
- Anselmo López Carreira, O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
- Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Calo, Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
- Barbosa Álvarez, José Manuel, Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0.
Reino de Galicia | ||
---|---|---|
Segue a: Nepociano (nobre) |
Ramiro I de Oviedo | Precede a: Ordoño I |
Dinastía dos Ramírez (842-910) |