Escudo de Ucraína
O escudo de Ucraína (en ucraíno: Державний Герб України) está formado por un campo único, de azur, no que aparece de cor ouro representado un motivo que é unha síntese simbólica dunha composición pre-heráldica vinculada coa dinastía gobernante durante o século X e dos elementos heráldicos ucraínos máis antigos que se remontan ó século XII.
Aínda non se determinou con exactitude a orixe e a significación do Tryzub ou "tridente ucraíno", aínda que parecería estar ligado a unha paronomasia (sempre en ucraíno) entre a antiga palabra para liberdade e a palabra para tridente. Así é que esta abstracta figura é denominada comunmente o tridente (en ucraíno: Тризуб, Tryzub). Foi o máis antigo dos escudos empregados xa que se introduciron numerosos cambios dende o século XIII. Actualmente no se determinaron con exactitude tanto a orixe como o significado do tridente ucraíno aínda que se produciron achádeos arqueolóxicos nos que aparecen figuras de tridentes datados no I a.C
Escudos históricos
[editar | editar a fonte]-
Escudo do Principado de Kíiv, baseado na moeda de Vladímir o Grande (séculos X-XI)
-
Escudo do Hetmanato cosaco (1649-1764)
-
Escudo da República Nacional Ucraína (1917-1921)
-
Escudo da República Nacional de Ucraína Occidental (1918-1919)
-
Escudo do Hetmanato (1918)
-
Escudo da R.S.S. de Ucraína na súa terceira variante (1949-1991)