Saltar ao contido

Ernest Bloch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre o compositor. Para o filósofo do mesmo nome, vexa Ernst Bloch.
Modelo:BiografíaErnest Bloch

(1914) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1880 Editar o valor en Wikidata
Xenebra, Suíza Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xullo de 1959 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Portland, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAgate Beach (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaAgate Beach (en) Traducir
Xenebra
Nova York Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatorio Hoch Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nova York
San Francisco
Cleveland
Berkeley Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor, fotógrafo, profesor de música Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSan Francisco Conservatory of Music (en) Traducir (1925–1930)
Cleveland Institute of Music (en) Traducir (1920–1925)
Mannes College The New School for Music (en) Traducir (1917–1920)
Universidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoSinfonía Editar o valor en Wikidata
ProfesoresÉmile Jaques-Dalcroze (pt) Traducir e Louis Rey (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosRandall Thompson, Ernst Bacon (pt) Traducir, Fernande Peyrot (pt) Traducir, Ethel Glenn Hier (pt) Traducir e Jean Binet (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Obálky knih,
The New Grove Dictionary of Music and Musicians (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2167798 Allmovie: p82134
BNE: XX1462619 Spotify: 4s7qI7HT1XDzotj6IYNEuJ Musicbrainz: e91fbf2b-178d-4243-972e-73eff6a5676f Discogs: 944146 IMSLP: Category:Bloch,_Ernest Allmusic: mn0001512379 WikiTree: Bloch-716 Find a Grave: 20628361 Editar o valor en Wikidata

Ernest Bloch, nado en Xenebra o 24 de xullo de 1880 e finado en Portland, Oregón o 15 de xullo de 1959, foi un compositor nacido en Suíza naturalizado estadounidense.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Ernest Bloch naceu en Xenebra e estudou música e composición no conservatorio de Bruxelas con, entre outros, Eugène Ysaÿe; posteriormente cursou estudos no Hoch Conservatory de Frankfurt. Viaxou por toda Europa antes de establecerse nos Estados Unidos en 1916, converténdose en cidadán dese país oito anos máis tarde.

En decembro de 1920, ocupou o cargo de director musical do recentemente creado Instituto de Música de Cleveland, posto que desempeñou até 1925. Entre este último ano e 1930, foi director do conservatorio de San Francisco. Entre os seus alumnos máis coñecidos atópanse George Antheil e Roger Sessions.

Pasou en Suíza a maior parte da década dos anos trinta do século XX, antes de regresar aos Estados Unidos. Faleceu en Portland, con setenta e oito anos, vítima dun cancro.

Composicións

[editar | editar a fonte]

As obras temperás de Bloch inclúen a súa ópera Macbeth (1910) e amosan a influencia tanto do compositor alemán Richard Strauss como do impresionismo musical de Claude Debussy. As súas obras de madurez inspíranse na liturxia e a música folclórica xudías. Entre ditas composicións encóntranse: Schelomo (1916) para violonchelo e orquestra; a Sinfonía Israel (1916); Baal Shem para violín e piano (1923, cunha versión posterior para violín e orquestra) e Avodath Hakodesh (Servizo Sagrado, 1933) para barítono, coro e orquestra.

Outras obras deste período inclúen un concerto para violín escrito para Joseph Szigeti e a rapsodia América para coro e orquestra.

As pezas musicais escritas despois da segunda guerra mundial son un pouco máis variadas estilisticamente, se ben persiste nelas un ton esencialmente romántico. Algunhas, como a Suite hebraica de 1950 continúan coa temática xudía; outras, como o segundo concerto grosso (1952) demostran o interese do autor polo neoclasicismo (se ben aquí a linguaxe harmónica é basicamente romántica, baixo unha forma barroca); e outras, incluíndo o último cuarteto para cordas, inclúen elementos atonais.

Obras principais

[editar | editar a fonte]
  • Macbeth, ópera en tres actos (1909 Xenebra-París)
  • Schelomo, rapsodia hebraica para violonchelo e orquestra (17-7-1916).
  • Tres poemas xudeus para orquestra (1917).
  • Quinteto con piano (25-9-1924).
  • Concerto para violín e orquestra (20-7-1938).
  • Suite hebraica para orquestra (1951).
  • Catro cuartetos para corda.
  • Tres Suites para Violonchelo só

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]