Saltar ao contido

Piti Sanz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPiti Sanz

Piti Sanz con The Ellas (2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor en Wikidata
Huelva, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de maio de 2025 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Actividade
Ocupaciónmúsico, actor de televisión, compositor, actor de cinema Editar o valor en Wikidata
Membro de

IMDB: nm0764478 BNE: XX1599661 Editar o valor en Wikidata

Vicente Luís Sanz Muñoz, coñecido como Piti Sanz, nado en Huelva en 1966[1] e finado o 23 de maio de 2025,[2] foi un músico e compositor galego con numerosos traballos dentro do audiovisual galego e español así como no mundo do teatro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É o autor da banda sonora de filmes como Mataharis ou series como Terra de Miranda. Traballou con directores como Alfonso Zarauza ou Jorge Coira. Foi cofundador dos grupos Sindicato Agrario e Los Contentos e tocou en discos de Siniestro Total e Los Enemigos. No 2013 incorporouse á formación do grupo musical Os Resentidos.[3]

En 2007 foi candidato ós premios Goya na categoría de Mellor Canción Orixinal polo tema "Esa luz". Foi composto conxuntamente con Luís Tosar, con quen mantivo o grupo musical Di Elas. A Academia retirou posteriormente este nomeamento.[4][5] Acadou tres premio María Casares á mellor música orixinal por Finis Mundi Circus en 1999, Ñiki Ñaque en 2001 e mais Policía en 2002. Ten un cuarto por Se o vello simbad volvese as illas, aínda que o seu nome non aparece na listaxe oficial. Gañou catro Premios Mestre Mateo, polas películas Entre bateas, A noite que deixou de chover e 18 comidas e pola serie O Nordés.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Título Resultado
2002 Mellor banda sonora Entre bateas Gañador
Mellor banda sonora Terra de Miranda Nomeado
2008 Mellor música orixinal A noite que deixou de chover Gañador
2009 Mellor música orixinal O Nordés Gañador
2010 Mellor música orixinal 18 comidas Gañador
2012 Mellor música orixinal Era visto! Nomeado
2013 Mellor videoclip "Canto de Sirena" Gañador
Mello música orixinal Era visto! Nomeado
2014 Mellor música orixinal Os fenómenos Nomeado
  1. "Ficha an Axencia Audiovisual Galega". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 06 de setembro de 2018. 
  2. "Muere el músico y compositor gallego Piti Sanz a los 58 años". Faro de Vigo. 23 de maio de 2025. 
  3. "El músico lucense Piti Sanz ficha como guitarrista de Os Resentidos". El Progreso (en castelán). 5 de setembro de 2013. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  4. Luis Tosar, Piti Sanz e García de Leániz, 'desnominados' dos Goya Arquivado 19 de abril de 2008 en Wayback Machine., nova en Galiciaé o 19 de decembro de 2007.
  5. "Non tiñamos as enerxías para denunciar á Academia dos Goya". La Opinión (en castelán). 21 de decembro de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]