Ramón Campos
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1975 Noia, España |
| Educación | Universidade de Navarra |
| Actividade | |
| Ocupación | guionista, produtor de televisión, director de televisión |
| Empregador | Bambú Producciones Netflix |
| Obra | |
Obras destacables
| |
Ramón Campos Sáez, nado en Noia en 1975, é un guionista e produtor audiovisual galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudante de Comunicación audiovisual na Universidade de Navarra, iniciouse profesionalmente en teleseries da canle autonómica vasca ETB. Foi analista de guións para Continental Producciones. Despois de Galicia Exprés e Entre bateas colaborou durante tres anos con Filmanova (2000-2002).
Compaxinou o seu labor na escritura coa impartición de cursos de guión nos masters de produción audiovisual e de creación dixital da Universidade da Coruña. Coguionizou o telefilme Diario dun skin e no período 2004-07 dirixiu o departamento de desenvolvemento de Voz Audiovisual, onde creou series como A vida por diante e Padre Casares, e programas musicais como Son de estrelas e Buscando estrelas.
En 2007 é o produtor executivo da serie de TVE Desaparecida, e posteriormente funda xunto a Teresa Fernández Valdés a empresa Bambú Producciones. Na dirección desta compañía produce as series Guante Blanco e Gran Reserva tamén da TVE, Hispania para Antena 3 e os documentais Fraga y Fidel sin embargo, e American Greyhounds.
É tamén profesor na Universidade da Coruña.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ramón Campos, Gallego del Mes". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-05-03.