Saltar ao contido

Enfermidade de refluxo gastroesofáxico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enfermidade de Refluxo Gastroesofáxico (ERGE)
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá diagnoses. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
Radiografía de abdome e tórax dun paciente cunha gastrotomía. Inxectouse radiocontraste no estómago e logo se viu migrando cara arriba a través do esófago. O paciente tiña esofaxite por refluxo grave (grao D)
 Instancia de
 Causado por
 Especialidade médica
Identificadores
Freebase/m/01b_5g Editar o valor en Wikidata
MeSHD005764 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC92560 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB23596 Editar o valor en Wikidata
CIE-111391387859 Editar o valor en Wikidata
CIE-10K21.9 Editar o valor en Wikidata
OMIM109350 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus000265 Editar o valor en Wikidata
eMedicine176595 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777014526 Editar o valor en Wikidata
KEGGH01602 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A enfermidade de refluxo gastroesofáxico, tamén coñecida como en inglés Gastroesophageal reflux disease (GERD; segundo as siglas en galego ERGE e DRGE)[1] é un trastorno dixestivo crónico que afecta a parte do corpo que vai da boca até o estómago.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Caracterízase polo movemento do contido gástrico cara atrás no esófago, provocando síntomas como ardor no peito,[3] regurxitación de comida ou líquido amargo, e dor ao tragar.[2]

Prevalencia

[editar | editar a fonte]

A ERGE é unha condición común que afecta a unha porcentaxe significativa da poboación mundial. A súa prevalencia varía segundo a rexión xeográfica, os hábitos dietéticos e o estilo de vida da poboación. Estímase que un 40% da poboación experimenta refluxo gástrico eventual, pero este non sempre se converte en ERGE.[4][5] En menos de tres décadas esta doenza incrementouse significativamente, en máis dun 70%.[6]

Factores de risco

[editar | editar a fonte]

Os factores que poden incrementar o risco de desenvolver ERGE inclúen obesidade, o consumo de certos alimentos e bebidas, o uso de medicamentos que relaxan o esfínter esofáxico inferior, o tabaquismo, e cambios hormonais durante a gravidez.[7]

O diagnóstico da ERGE xeralmente baséase nos síntomas reportados polo paciente. Pode ser confirmado con probas como a endoscopia dixestiva alta, a manometría esofáxica, e a monitorización do pH esofáxico. A detección precoz e o tratamento adecuado son cruciais para previr complicacións. Durante a pandemia de Covid-19 impulsáronse técnicas educativas debido ás restricións de interacción cos pacientes, incluíndo simulacións de endoscopia e plataformas de aprendizaxe en liña.[8]

Tratamento

[editar | editar a fonte]

O tratamento inclúe cambios no estilo de vida, como modificar a dieta e evitar deitarse inmediatamente despois de comer. Medicamentos como os inhibidores da bomba de protóns e antiácidos poden axudar a controlar os síntomas (por exemplo o omeprazol). En casos graves, pode ser necesaria a cirurxía.[9]

Complicacións

[editar | editar a fonte]

Se non se trata, a ERGE pode levar a complicacións graves, incluíndo esofaxite erosiva, que é a inflamación e dano ao revestimento do esófago; estreitamento do esófago, tamén coñecido como estenose esofáxica, que pode dificultar a deglución; úlceras esofáxicas, que son feridas abertas no revestimento do esófago; e o esófago de Barrett, unha doenza onde o tecido normal do esófago cambia a un tipo de tecido similar ao revestimento do intestino, aumentando o risco de cancro esofágico.

Notas

  1. GERD é un acrónimo de "Gastro Esophageal Reflux Disease"; tamén é chamada "Gastro-Oesophageal Reflux Disease (GORD). En galego, o termo non aparece no dicionario galego de termos médicos mais o bUSCatermos admite os acrónimos DRGE e ERGE, coincidentes cos da lingua portuguesa [busca.htm#138644].
  2. 2,0 2,1 "Gastroesophageal reflux disease (GERD) - Symptoms and causes". Mayo Clinic (en inglés). Consultado o 2024-03-21. 
  3. A sensación de calor chámase comunmente "azia" ou "ardentía". En inglés chámase heartburn pero non ten nada que ver directamente co corazón.
  4. Cohen, Erica; Bolus, Roger; Khanna, Dinesh; Hays, Ron D.; Chang, Lin; Melmed, Gil Y.; Khanna, Puja; Spiegel, Brennan (2014-10). "GERD Symptoms in the General Population: Prevalence and Severity Versus Care-Seeking Patients". Digestive diseases and sciences 59 (10): 2488–2496. ISSN 0163-2116. PMC 4275099. PMID 24811245. doi:10.1007/s10620-014-3181-8. 
  5. Philip W. Smith (2022). Gastroenterology and Hepatology Board Review. Wolters Kluwer. 
  6. Zhang, Decai; Liu, Shaojun; Li, Zhaoqi; Wang, Rui. "Global, regional and national burden of gastroesophageal reflux disease, 1990–2019: update from the GBD 2019 study". Annals of Medicine 54 (1): 1372–1384. ISSN 0785-3890. PMC 9122392. PMID 35579516. doi:10.1080/07853890.2022.2074535. 
  7. "Gastroesophageal Reflux Disease (GERD)". UpToDate (en inglés). [Ligazón morta]
  8. "Diagnosis and Management of Gastroesophageal Reflux Disease". Gastroenterology. 2020. 
  9. National Institute of Diabetes and Digestive and Kidney Diseases. "Acid Reflux (GER & GERD) in Adults". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]