Eliades Ochoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEliades Ochoa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Songo - La Maya, Cuba Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositor , guitarrista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoLatin jazz (pt) Traducir e Música caribeña Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra, voz e guitarra acústica Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoWorld Circuit (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webeliadesochoaofficial.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0643733 Allocine: 16432 Allmovie: p267873
Twitter: EliadesOchoa Last fm: Eliades+Ochoa Musicbrainz: 1de8629a-9dd3-444c-86a0-9f9bd8c02218 Songkick: 496711 Discogs: 342111 Allmusic: mn0000170027 Genius: Eliades-ochoa Editar o valor em Wikidata

Eliades Ochoa Bustamante, nado en La Loma de la Avispa, Songo - La Maya, o 22 de xuño de 1946, é un guitarrista e cantante cubano. Intérprete de música tradicional cubana dende a súa infancia, gañou fama na década de 1970, como líder do Cuarteto Patria, e máis tarde como unha das estrelas do Buena Vista Social Club.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Naceu o 22 de xuño de 1946 en La Loma de la Avispa, na localidade de Songo - La Maya, na provincia de Santiago de Cuba. Neto de José Salinas, un inmigrante galego,[1] e fillo de campesiños que tocaban o tres, comezou a tocar a guitarra aos seis anos de xeito autodidacta.[2]

Creceu escoitando sons montunos e guarachas, igual que os seus irmáns, que tamén tocaban a guitarra e cantaban. Nacer no campo cubano, escoitar as anécdotas da época e asistir ás festas campesiñas, deu como resultado unha arte totalmente autodidacta cun marcado estilo, que lle permitiu ser compositor e arranxador de cancións propias. Aos 11 anos tocaba polas rúas de Santiago de Cuba a cambio dunhas moedas, ao tempo que realizaba pequenos traballos como o de limpabotas ou repartidor de xornais.[3]

Traballo na radio e Casa de la Trova[editar | editar a fonte]

Trala chegada da Revolución Cubana comezou a traballar no mundo da radio, realizando durante unha década o programa Trinchera agraria, de música campesiña.[3] En 1971 deixou a radio e comezou a tocar na Casa de la Trova, onde formou parte do Quinteto de la Trova e posteriormente do Septeto Típico Oriental.[4]

Cuarteto Patria[editar | editar a fonte]

En 1978 Pancho Cobas propúxolle substituílo á fronte do Cuarteto Patria, no que entrou finalmente a principios de 1979. Eliades asimilou o repertorio de Patria e transformou o formato orixinal do grupo engadindo novos sons, así como percusión, guitarras, bombos, chocallos, claves, e máis tarde contrabaixo, trompetas e algún traballo vocal. O seu estilo como guitarrista deulle un selo distintivo ao grupo. En 1979 foron seleccionados como Mellor Grupo de Música Tradicional Cubana e en 1980 participaron no Festival Internacional da Canción de Varadero. Ese mesmo ano gravaron o seu primeiro disco nos estudios Siboney de Santiago de Cuba co título Harina de maiz criolla.

En 1986 a través de Pancho Cobas, Eliades coñeceu a Compay Segundo, que se afastara da interpretación musical e se dedicaba á composición musical e á elaboración de puros. Compay entregou a Eliades un casete con algunhas cancións para incorporar ao repertorio do grupo, entre as que se atopaba "Chan Chan". A partir dese momento o cuarteto interpretou temas de Compay, que tamén se sumou a algunhas presentacións como as feitas en Martinica, Guadalupe ou Santo Domingo. Ambos músicos cultivaron unha grande amizade que derivou no regreso de Compay ao panorama musical cubano. En 1989 Compay participou como convidado do Grupo Patria no Smithsonian Folklife Festival de Washington DC, onde recibiron un recoñecemento pola difusión da cultura tradicional cubana. Tras estes encontros realizouse a gravación do segundo disco do grupo, titulado "Chanchaneando con Compay Segundo".

Con Patria realizou xiras por numerosos países de América e Europa e incluso polo Xapón, recibindo discos de ouro e platino polas súas altas cifras de vendas.

Buena Vista Social Club[editar | editar a fonte]

En 1996 o guitarrista e produtor Ry Cooder viaxou á Habana para participar nun proxecto de fusión entre músicos africanos e cubanos. Con todo, os africanos non puideron chegar á illa por problemas migratorios, polo que Ry aproveitou a oportunidade para encontrar, xunto co seu fillo Joachim, artistas cubanos para unha gravación de sons tradicionais.[5] Eliades Ochoa foi un dos músicos que participou na xuntanza, da que saíu o álbum Buena Vista Social Club, no que participaron tamén outras personalidades da música cubana como o propio Compay Segundo, Juan de Marcos González, Rubén González, Raúl Planas, Pío Leyva, Ibrahim Ferrer, Puntillita ou Omara Portuondo.

O traballo foi todo un éxito e gañou o premio Grammy na categoría de mellor interpretación latina tropical en febreiro de 1998[6]. Dous meses despois foi presentado en directo en Ámsterdam, con dúas actuacións.[7] En xullo produciuse a terceira e última actuación da formación ao completo, no Carnegie Hall de Nova York. A formación do grupo, a gravación do traballo e as actuacións foron gravadas polo director de cine Wim Wenders, e incluídas nun filme documental titulado do mesmo xeito que o álbum, Buena Vista Social Club, que foi nomeado ao Premio Óscar ao mellor documental na 72ª edición dos galardóns.

Discografía parcial[editar | editar a fonte]

Co Cuarteto Patria[editar | editar a fonte]

  • Harina de maíz criolla (1980).
  • Son de Oriente (1980).
  • María Cristina me quiere gobernar (1982).
  • Chanchaneando con Compay Segundo (1989).
  • La parranda del Teror con el Cuarteto Patria (1992)
  • A una coqueta
  • Se soltó un león (1995).
  • La trova de Santiago de Cuba (1995).
  • CubAfrica (1998).
  • Sublime Ilusión (1999).

Con Buena Vista Social Club[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "«Mi abuelo José Salinas era gallego»". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de febreiro de 2018. Consultado o 25 de maio de 2022. 
  2. "Eliades Ochoa: "El mundo sabe más de Cuba que yo"". El Mundo (en castelán). 19 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de maio de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Galilea, Carlos (9 de xullo de 1998). "Eliades Ochoa y el Cuarteto Patria revitalizan la música cubana". El País (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2022. 
  4. "Elíades Ochoa: "Cuba evoluciona musicalmente"". El Mundo (en castelán). 28 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de maio de 2022. 
  5. "Ry Cooder: el hombre que resucitó el Buena Vista Social Club y lo convirtió en un hit mundial “por accidente”" (en castelán). 23 de agosto de 2021. Consultado o 25 de maio de 2022. 
  6. "40th Annual GRAMMY Awards". grammy.com (en inglés). Consultado o 25 de maio de 2022. 
  7. Galilea, Carlos (13 de abril de 1998). "El guitarrista Ry Cooder hace historia sobre un escenario con músicos de Cuba". El País (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2022.