Saltar ao contido

Edward Hopper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEdward Hopper

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1882 Editar o valor en Wikidata
Nyack, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte15 de maio de 1967 (84 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAmericanos brancos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónParsons The New School for Design (1900–1906)
Nyack High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Barcelona
Toledo
Londres
Nova York
Gettysburg (pt) Traducir
Madrid
Ámsterdam
Haarlem
París
Berlín
Rexión de Bruxelas-Capital Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, ilustrador, artista gráfico, debuxante, gravador Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPintura de xénero e pintura arquitetônica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoNeorrealismo (pt) Traducir, American realism (en) Traducir e American scene painting (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresRobert Henri Editar o valor en Wikidata
AlumnosWillem de Kooning, Jim Dine (pt) Traducir e Mark Rothko Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJosephine Hopper (1924–1967) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2628750 BNE: XX971119 Musicbrainz: 02df585e-0954-4279-a100-217650999828 Discogs: 2249098 WikiTree: Hopper-1 Find a Grave: 503 Editar o valor en Wikidata

Edward Hopper, nado en Nyack o 22 de xullo de 1882 e finado en Nova York o 15 de maio de 1967, foi un famoso pintor estadounidense, célebre sobre todo polos seus retratos da soidade na vida norteamericana contemporánea.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os Comezos

[editar | editar a fonte]

Nado en Nyack, unha pequena cidade á beira do río Hudson no seo dunha familia culta e burguesa, de orixe inglesa e holandesa. No 1900 Hopper entra na New York School of Art. Nese instituto coincidirá con outros futuros protagonistas da arte americana de principios dos anos 1950: Guy Pène du Bois, Rockwell Kent, Eugene Speicher e George Bellows.

Con todo, os contactos que resultarán fundamentais para a súa formación e para o seu desenvolvemento como pintor serán tres dos profesores da escola: William Merrit Chase, que lle animou a estudar e a copiar o que vía nos museos; Kenneth H. Miller, que lle educou no gusto por unha pintura nítida e limpa, organizada nunha composición espacial ordenada; Robert Henri, que contribuíu a liberar a arte da época do peso das normas académicas, ofrecendo dese xeito un exemplo activo ó xove Hopper.

Tras consegui-lo seu título, Hopper obtivo o seu primeiro traballo como ilustrador publicitario na C. Phillips & Company.

As viaxes ó estranxeiro

[editar | editar a fonte]
Cadro de 1921.

En 1906 viaxa a Europa por primeira vez, visitando París, onde experimentará cunha linguaxe formal próximo ó dos impresionistas, a súa segunda viaxe 1907 a Londres, Berlín e Bruxelas.

O estilo persoal e inconfundible de Hopper, formado por eleccións expresivas precisas, emerxe e fórmase en 1909, cando decide regresar a París durante seis meses, pintando en Saint-Gemain e Fontainebleau.

A súa pintura caracterízase por un peculiar e rebuscado xogo entre as luces e as sombras, pola descrición dos interiores, que aprende con Degas e que perfecciona na súa terceira e última viaxe ó estranxeiro, a París e a España, en 1910 e polo tema central da soidade.

Mentres en Europa consolidábase o fauvismo, o cubismo e a arte abstracta, Hopper séntese máis atraído por Manet, Pissarro, Monet, Sisley, Courbet, Daumier, Toulouse-Lautrec e por un pintor español anterior a tódolos anteriores: Goya.

O regreso ós Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

De regreso definitivo ós Estados Unidos, onde xa non sairá, Hopper abandona as nostalxias europeas que lle influíran ata entón e comeza a elaborar temas unidos á vida cotiá norteamericana, modelando o seu estilo á vida cotiá. Entre os temas que aborda hai sobre todo representacións de imaxes urbanas de Nova York e dos cantís e praias da próxima Nova Inglaterra.

No 1918 convértese nun dos primeiros integrantes do Whitney Studio Club, ó centro para os artistas independentes da época máis dinámica.

Entre 1915 e 1923 abandona temporalmente a pintura, adicándose a novas formas expresivas como o gravado, empregando a punta seca e a augaforte, cos que obterá numerosos premios e recoñecementos, incluso algún da prestixiosa National Academy.

O éxito conseguido cunha exposición de acuarelas (1923) e outra de lenzos (1924) fan de Hopper o autor de referencia dos realistas que pintaban escenas americanas.

A súa evocadora vocación artística evoluciona cara a un forte realismo, que resulta ser a síntese da visión figurativa unida ó sentimento poético que Hopper percibe no seus obxectos.

Imaxes urbanas ou rurais, inmersas no silencio, nun espazo real e metafísico á vez, que comunica ó espectador un sentimento de alonxamento do tema e do ambiente no que está inmerso bastante forte. Hopper conseguiu isto por medio dunha esmerada composición xeométrica do lenzo, por un sofisticado xogo de luces, frías, cortantes e intencionadamente "artificiais", e por unha extraordinaria síntese dos detalles. A escena aparece case sempre deserta; no seus cadros case nunca se atopan máis dunha figura humana, e cando hai máis dun o que destaca é a alienación dos temas e a imposibilidade de comunicación resultante, que agudiza a soidade. Un exemplo deste tipo de obras é Nighthawks.

En 1933 o Museo de Arte Moderna de Nova York consagrou a primeira retrospectiva, e o Whitney Museum a segunda, no 1950.

Hopper morre o 15 de maio de 1967 no seu estudio neoiorquino, preto do Washington Square.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]