George Bellows
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de agosto de 1882 Columbus |
| Morte | 8 de xaneiro de 1925 Nova York |
| Causa da morte | cancro |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Green-Wood 40°39′02″N 73°59′44″O / 40.65066, -73.995457 |
| Outros nomes | Bellows, George Wesley |
| Residencia | George W. Bellows House (en) |
| Educación | Universidade Estatal de Ohio Central High School (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Pintura |
| Lugar de traballo | Nova York Maine California Santa Fe |
| Ocupación | pintor, debuxante, mestre, litógrafo, profesor universitario, gravador |
| Empregador | Liga de Estudantes de Arte de Nova York |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Retrato, pintura paisaxística e pintura de xénero |
| Movemento | Escola Ashcan (pt) |
| Profesores | Robert Henri |
| Alumnos | William Gropper |
| Participou en | |
| 17 de febreiro de 1913 | Show de Arsenal (pt) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Emma S. Bellows |
| Fillos | Anne Bellows Kearney, Jean Bellows |
| Premios | |
| |
George Wesley Bellows, nado en Columbus (Ohio) o 12 de agosto[1] de 1882 e finado en Nova York o 8 de xaneiro de 1925, foi un pintor e litógrafo estadounidense, coñecido polas súas intrépidas representacións da vida urbana en Nova York.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mocidade
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade Estatal de Ohio entre 1901 e 1904, xogou nos equipos universitarios de béisbol e baloncesto e realizou ilustracións para Makio, o anuario dos estudantes. rexeitou unirse ós Cincinnati Reds como xogador profesional de béisbol[2] e traballou como ilustrador comercial mentres estudaba. En 1904 marchou a Nova York para estudar arte.[3] Bellows foi alumno de Robert Henri na Escola de Arte de Nova York e integrou o grupo coñecido como The Eight da Ashcan School, un grupo de artistas que pretendían pintar a sociedade norteamericana en todas as súas formas. En 1906 Bellows alugou o seu propio estudo.
Nova York
[editar | editar a fonte]Bellows participou por primeira vez nunha exhibición en 1908 organizárona os alumnos de Henri e os críticos recibírona con disparidade de criterios. En 1909 comezou a dar clases na Art Students League of New York.

As escenas urbanas do Nova York de Bellows reflicten a crueza e o caos da clase traballadora e dos barrios, as clases altas aparecen satirizadas frecuentemente nos seus traballos. Entre 1907 e 1915 realizou unha serie de pinturas amosando Nova York cuberta de neve. Esas pinturas foron un campo de probas no que Bellows xoga coa cor e a textura visual que despois serán centrais nas súas pinturas.[4] Elas exhiben un contraste total entre o azul e branco da neve e as superficies, esgrevias e cotrosas, da cidade e creando unha imaxe esteticamente irónica dos igualmente esgrevios e costrosos homes loitando por limpar as impurezas da neve pura. Con todo foi a serie de pinturas retratando boxeadores afeccionados a súa contribución máis salientable á historia da arte[5] Esas pinturas caracterízanse pola súa atmosfera escrura, nas que as pinceladas brillantes das figuras humanas vividamente dan un forte sentido de movemento e dirección.
Temas sociais e políticos
[editar | editar a fonte]O aumento do seu prestixio como pintor dan cun cambio a súa vida e obra, aínda que continuou os seus temas anteriores, Bellows comezou a recibir peticións para retratos e convites da elite de Nova York e comezou a pasar os veráns en Maine, pintando paisaxes mariñas en Monhegan e na illa de Matinicus.
Ó tempo, o sempres socialmente consciente Bellows asociouse cun grupo de artistas e activistas radicais, chamados The Lyrical Left, que tendía ó anarquismo na súa procura dos dereitos individuais. Bellows ensinou na Escola Moderna de Nova York (que seguía as ideas de Francesc Ferrer e foi membro do consello editorial do xornal socialista, The Masses ó que tamén contribuía con debuxos e litografías a comezos de 1911. Bellows que cría que a liberdade artística do autor tiña que estar por riba de calquera política ideolóxica editorial tivo problemas mantivo un apoio público á intervención dos Estados Unidos na primeira guerra mundial e realizou unha serie de litografías e pinturas coas atrocidades cometidas polos alemáns durante a invasión de Bélxica, a máis famosa foi The Germans Arrive, baseada nun relato real e que amosaba un soldado alemán contendo un mozo belga coas mans cortadas. A súa posición non lle impediu criticar a censura interior e a persecución que a Lei de espionaxe permitía contra os disientes antibelicistas.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Os lenzos dos últimos anos de Bellows céntranse na súa vida doméstica, coa súa muller e fillas como obxectos centrais das súas obras, que amosan tamén un incremento programado e teórico cara a cor e o deseño, unha marcada diferenza coas súas obras anteriores.
Litografías
[editar | editar a fonte]Bellows fixo contribucións significativas, axudando a divulgar o seu uso como medio artístico nos Estados Unidos. En 1916 instalou unha prensa litográfica no seu estudio e entre 1921 e 1924 colaborou con Bolton Brown na realización de máis dun cento de imaxes. Bellows tamén ilustrou numerosos libros durante a súa carreira, incluíndo varios de H. G. Wells.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Pennsylvania Station Excavation (1907)
- Blue Snow the Battery (1910)
- A Morning Snow Hudson River (1910)
- New York (1911)
- Edith Cavell (1918)
- Emma at the Window (1920)
- Self-portrait, (1921), Lithograph
- Summer Fantasy (1924)
- Dempsey and Firpo (1924)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Donald Braider, George Bellows and the Ashcan School of Painting, 1971; George William Eggers, George Bellows 1935; Mary Sayre Haverstock et al, Artists in Ohio, 1787-1900, 2000; Frank Crowninshiel, Memorial Exhibition of the Work of George Bellows, 2005
- ↑ Bellows biography, National Gallery of Art Arquivado 04 de outubro de 2008 en Wayback Machine. Consultado o 2 de xaneiro de 2009.
- ↑ "National Gallery of Art". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2008. Consultado o 02 de xaneiro de 2009.
- ↑ George Bellows: Love of Winter Arquivado 17 de agosto de 2007 en Wayback Machine. Consultado o 2 de xaneiro de 2009.
- ↑ http://www.nga.gov/cgi-bin/pbio?2050 Arquivado 04 de outubro de 2008 en Wayback Machine. Bellows biography, National Gallery of Ar
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artcyclopedia (en inglés)
- An American Pulse: The Lithographs of George Bellows, San Diego Museum of Art (en inglés)
- The Powerful Hand of George Bellows: Drawings from the Boston Public Library (en inglés)
- George Bellows Gallery no MuseumSyndicate Arquivado 04 de xuño de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)