Gladio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gladio era unha rede clandestina formada durante a Guerra fría que actuaba baixo a cobertura non oficial da OTAN en Europa Occidental.

Historia[editar | editar a fonte]

Contaba con financiamento e apoio da CIA e o MI6 e que tiña como misión organizar unha rede de resistencia paramilitar oculta que actuase no caso dunha invasión da Unión Soviética, gran parte dos seus membros recrutáronse entre a extrema dereita.

A rede Gladio operou para lograr a manipulación das democracias do continente europeo, empregando diversas estratexias de guerra sucia (en particular a chamada estratexia de tensión), a través da infiltración de axentes provocadores e o uso de operacións de bandeira falsa (como no caso dos atentados con catro bombas en Roma e na Piazza Fontana en Milán, en decembro de 1969) destinadas a destruír a imaxe pública dos partidos e organizacións políticas (nacionalistas e comunistas) que non apoiaban aos Estados Unidos, sinándoos falsamente como autores de atentados terroristas, saboteando así o seu auxe nos procesos electorais das nacións europeas.[1]

Durante a Guerra Fría, case todos os Estados-nación de Europa Occidental organizaron redes de permanencia baixo control da OTAN (Austria, Bélxica, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Noruega, os Países Baixos, Portugal, España, Suecia, Suíza, Turquía e o Reino Unido) co apoio do Vaticano.[2]

Revelación e confirmación oficial[editar | editar a fonte]

A sospeitada existencia de Gladio foi reveladas polo membro da Avanguardia Nazionale, Vincenzo Vinciguerra, durante o seu xuízo, en 1984. A organización coñeceuse grazas á investigación do xuíz veneciano Felice Casson e á confirmación da súa existencia por Giulio Andreotti o 24 de outubro de 1990[3] cando se referiu a unha "estrutura de información, resposta e salvagarda", e polas testemuñas de dous xenerais italianos sábese que organizou unha estratexia de tensión en Italia, que incluíron varias masacres, para impedir o acceso do Partido Comunista Italiano ao goberno.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Terrorists 'helped by CIA' to stop rise of left in Italy". the Guardian (en inglés). 2001-03-26. Consultado o 2022-08-04. 
  2. Covert Action Information Bulletin - Winter 1986 - No. 25 - Nazis, the Vatican, and CIA.pdf (PDFy mirror) (en English). 2014-01-01. 
  3. "«Gladio»: la red paramilitar secreta de la OTAN que sembró el caos en Europa". La Haine Mundo (en castelán). Consultado o 2022-08-04. 
  4. "Resources". css.ethz.ch (en inglés). Consultado o 2022-08-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ganser, Daniele (2005). NATO's secret armies: Operation Gladio and terrorism in Western Europe (en inglés). Londres: Cass. ISBN 0-7146-8500-3. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.