Earth Song
| Earth Song | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Michael Jackson | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
"Earth Song" é o terceiro sinxelo do álbum de Michael Jackson HIStory. É a quinta canción do segundo disco do álbum. É unha balada que incorpora elementos de blues, gospel e ópera R&B. Jackson xa tivera outras cancións en materia de concienciación como "We Are the World", "Man in the Mirror" e "Heal the World". Porén, "Earth Song" foi a primeira en tratar explicitamente o medio ambiente e as especies ameazadas. "Earth Song" foi feita para o álbum "Dangerous" pero non foi incluída finalmente. A canción foi escrita e composta por Jackson, e a produción foi dividida entre o propio Jackson, David Foster e Bill Bottrell.
"Earth Song" foi acompañada por un vídeo musical gravado en catro rexións xeográficas diferentes, cuxa historia está centrado na destrución e no renacemento da Terra. En 1997, recibiu un nomeamento ós Grammy. A canción foi un éxito "top five" en moitos países europeos. No Reino Unido, converteuse no sinxelo mellor vendido de Jackson, e foi o número un do país no Nadal de 1995. "Earth Song" non foi estreada como sinxelo nos Estados Unidos. Jackson recibiu o recoñecemento de numerosas organizacións medioambientais e animalistas.