Love Never Felt So Good
Aparencia
| Love Never Felt So Good | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Michael Jackson | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
"Love Never Felt So Good" é un sinxelo escrito e interpretado polo artista estadounidense Michael Jackson, que foi lanzado postumamente o 2 de maio de 2014. Dúas versións editadas da canción composta en 1980 por Jackson e o cantante canadense Paul Anka forman o primeiro sinxelo lanzado do segundo álbum póstumo de Jackson, Xscape. A primeira versión é unha canción en solitario producida por John McClain e Giorgio Tuinfort. A segunda versión é un dúo co artista Justin Timberlake, producido por Timbaland e Jerome "J-Roc" Harmon. É a segunda colaboración entre Jackson e Anka que foi lanzada dende a morte de Jackson en 2009 (a primeira foi "This Is It"). O sinxelo acadou o número 9 nas listas dos Estados Unidos e o 8 no Reino Unido.