Saltar ao contido

They Don't Care About Us

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
They Don't Care About Us
Michael Jackson Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Lingua
Obras e produtos
 Formato de distribución
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Compositor/a
 Letra de
Organizacións
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
16 de abril de 1996 Editar o valor en Wikidata
 Data de gravación
1990
1994
1995 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
I Need You (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/06n19m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Discogs: 35125 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

"They Don't Care About Us" é o cuarto sinxelo do álbum HIStory: Past, Present and Future, Book I do artista Michael Jackson, que se estreou o 31 de marzo de 1996. A canción é considerada unha das máis controvertidas que compuxo Jackson. Nos Estados Unidos, o escrutinio dos medios arredor da letra por suposto antisemitismo provocou que Jackson se desculpara en numerosas ocasións e que fose regravada con outra letra. O cantante negou sempre as alegacións de antisemitismo, alegando que a letra fora malinterpretada.

A canción foi acompañada de dous vídeos musicais dirixidos por Spike Lee. O primeiro foi gravado no Brasil, en Pelourinho, o centro histórico da cidade de Salvador, e na favela do Río de Xaneiro chamada Dona Marta,[1][2] mais nun primeiro momento, as autoridades do estado intentaron deter a produción por medo a que puidese prexudicar a súa imaxe. Porén, os residentes da área alegráronse de ver ó cantante, xa que sabían que os seus problemas faríanse máis visibles ante unha audiencia masiva.[2] O segundo vídeo foi gravado nunha prisión e contén numerosas imaxes de arquivo con referencias a violacións dos dereitos humanos.

  1. "Michael Jackson Remains A Global Phenomenon". Billboard. 2 de xullo de 2009. Consultado o 10 de xuño de 2010.
  2. 1 2 Schemo, Diana Jean (11 de febreiro de 1996). "Rio Frets as Michael Jackson Plans to Film Slum". The New York Times. Consultado o 10 de xuño de 2010.