Thriller (álbum)
| Thriller | |||
|---|---|---|---|
| Michael Jackson | |||
|
Título
| |||
|
Instancia de
| |||
|
Parte de
| |||
|
Forma artística
| |||
|
Lingua
| |||
| Autoría | |||
|
Interpretado por
| |||
| Publicación | |||
|
Data de publicación
| |||
|
Lugar de publicación
| |||
|
Produtor/a
| |||
|
Selo discográfico
| |||
|
Formato de distribución
| |||
|
Unidades vendidas
| |||
|
Puntuación da crítica
5 AllMusic | |||
|
Premios
Premio Grammy ao álbum do ano (1984)
Grammy Award para Best Male Pop Vocal Performance (pt) SNEP diamond album (en) | |||
| Dimensións | |||
|
Duración
| |||
|
Número de partes
| |||
|
Lista de cancións
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
| Wikidata C:Commons | |||
Thriller é o sexto álbum de estudio gravado polo artista estadounidense Michael Jackson. Editouno a casa Epic Records o 30 de novembro de 1982 tras o éxito de Off the Wall en 1979, explorando xénoros similares incluíndo funk (Billie Jean ou Thriller), rock duro (Beat It) música disco, soul (Baby be mine), R&B, e pop (The Girl Is Mine) con letras sobre a paranoia e o sobrenatural. Quincy Jones chegou a discutir con Ivan Lins a inclusión da canción en portugués "Novo Tempo" no disco.[1]
O álbum contou cun presuposto de 750.000 dólares e as gravacións realizáronse entre abril e novembro de 1981 nos Westlake Recording Studios dos Ánxeles, coa colaboración do produtor Quincy Jones. Jackson escribiu catro dos nove temas. Tras o lanzamento do primeiro sinxelo "The Girl Is Mine", no que Jackson canta a dúo con Paul McCartney, parecía que ía ser un éxito menor; co segundo sinxelo, "Billie Jean", o álbum chegou ó alto das listas en moitos países, chegando a vender medio millóns de discos por semana e ó ano converteuse no álbum máis vendido de todos os tempos, e aínda permanece como tal, cuns 110 millóns de discos vendidos. Sete das nove cancións editáronse como sinxelos, e todas chegaron ás dez primeiras do Billboard Hot 100. Nos premios Grammy de 1984 obtivo oito premios.
Thriller outorgoulle definitivamente a Jackson a categoría de estrela predominante do pop de finais do século XX, converteuse nun símbolo dos anos 80 e rompeu as barreiras raciais coas súas aparicións na MTV e as súas entrevistas con Ronald Reagan na Casa Branca. O álbum foi tamén un dos primeiros en utilizar con éxito videoclips como ferramenta promocional; o vídeo de "Thriller" dirixido por John Landis está considerado como un dos mellores nunca realizados.
No ano 2001 editouse unha edición especial do álbum, incluíndo material inédito, e en 2008 foi de novo editado como Thriller 25, contendo remixes de artistas contemporáneos, ademais dunha canción inédita e un DVD
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]| N.º | Título | Escritor(es) | Produtor(es) | Duración |
|---|---|---|---|---|
| 1. | "Wanna Be Startin' Somethin'" | Michael Jackson | Quincy Jones, Jackson (co) | 6:02 |
| 2. | "Baby Be Mine" | Rod Temperton | Jones | 4:20 |
| 3. | "The Girl Is Mine" (con Paul McCartney) | Jackson | Jones, Jackson (co) | 3:42 |
| 4. | "Thriller" | Temperton | Jones | 5:57 |
| 5. | "Beat It" | Jackson | Jones, Jackson (co) | 4:18 |
| 6. | "Billie Jean" | Jackson | Jones, Jackson (co) | 4:54 |
| 7. | "Human Nature" | Steve Porcaro, John Bettis | Jones | 4:06 |
| 8. | "P.Y.T. (Pretty Young Thing)" | James Ingram, Jones | Jones | 3:59 |
| 9. | "The Lady in My Life" | Temperton | Jones | 4:59 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ivan Lins relembra briga com Quincy Jones em possível participação no disco 'Thriller', de Michael Jackson: 'Contrato era absurdo, maldoso'". gshow (en portugués). Consultado o 2023-04-29.