Saltar ao contido

Ben (canción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ben
Michael Jackson Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Lingua
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Compositor/a
 Letra de
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
setembro de 1972 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/05zt34 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

"Ben" é unha canción escrita por Don Black e composta por Walter Scharf para o filme homónimo de 1972 (a secuela de Willard). Foi interpretada no filme por Lee Montgomery, e por Michael Jackson nos créditos de peche. O sinxelo de Jackson, gravado con Motown en 1972, mantívose unha semana no máis alto da Billboard Hot 100.[1] Tamén acadou o número un nas listas de Australia, estando oito semanas no máis alto.

"Ben" gañou un Globo de Ouro á mellor canción. Foi nomeada tamén ós Premios Oscar na categoría de mellor canción orixinal en 1973, perdendo ante "The Morning After" do filme A aventura do Poseidón. Jackson interpretou a canción ante a audiencia durante a cerimonia.[2]

  1. Cadman, Chris (2007). Michael Jackson: For the Record. Authors OnLine. ISBN 978-0-7552-0267-6.
  2. ""Ben" at Oscars". Youtube.com. 26 de xuño de 2009. Consultado o 26 de decembro de 2013.