Blood on the Dance Floor (canción)
Aparencia
| Blood on the Dance Floor | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Michael Jackson | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
"Blood on the Dance Floor" é unha canción do artista estadounidense Michael Jackson. Foi lanzada como o primeiro sinxelo do álbum remix Blood on the Dance Floor: HIStory in the Mix. Orixinalmente, Jackson e Teddy Riley crearon o tema no ano 1991 para o álbum Dangerous. Porén, non foi incluído daquela e estreouse minimamente alterada en 1997. A canción fala dunha muller depredadora de nome Susie, que seduce a Jackson antes de conspirar para acoitelalo. A composición é unha mestura de rock, funk e Hi-NRG.