Human Nature (canción de Michael Jackson)
| Human Nature | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Michael Jackson | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
"Human Nature" é un sinxelo do artista estadounidense Michael Jackson. Foi escrito e composto por Steve Porcaro e John Bettis, e producido por Quincy Jones. É o quinto sinxelo do álbum Thriller (1982). Nun princiio, Porcaro gravara unha demo da canción nun casete, que lle foi entregado a Jones.
"Human Nature" foi lanzado o 3 de xullo de 1983, e malia non ser lanzada no Reino Unido, tivo un grande éxito nas listas musicais dos Estados Unidos. Acadou o número 2 na Billboard's Hot Adult Contemporary, e o número 7 na Hot 100. En Nova Zelandia, a canción conseguiu o número 11. A balada xerou unha boa acollida por parte dos críticos musicais. "Human Nature" foi versionada por moitos artistas, como Stevie Wonder, Danny Chan, Schlong, John Mayer, Miles Davis, SWV, Nas e Chris Brown.