Smooth Criminal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Smooth Criminal"
Sinxelo de Michael Jackson
do álbum 'Bad'
Lanzamento 24 de outubro de 1988
Formato {{{formato}}}
Gravada Xaneiro de 1987
Xénero musical Dance-pop, funk
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 4:17
Discográfica Epic
Produtor(es) Quincy Jones
Michael Jackson (co-produtor)
Escritor(es) Michael Jackson
Cronoloxía
"Another Part of Me"
(1988)
"Smooth Criminal" "Leave Me Alone"
(1989)
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Smooth Criminal" é o sétimo sinxelo do álbum de Michael Jackson Bad. Foi lanzado como sinxelo o 24 de outubro de 1988, e acadou o número 7 na Billboard Hot 100.[1] Foi relanzado o 10 de abril de 2006 como parte de Visionary: The Video Singles.

A canción é unhas das máis distintivas de Jackson, e ten aparecido en moitos álbums de éxitos, como Number Ones, The Essential Michael Jackson, Michael Jackson: The Ultimate Collection, King of Pop, This Is It e Immortal.

Tamén serviu como tema principal do filme de Jackson Moonwalker (1988). Vendeu arredor de 7,5 millóns de copias en todo o mundo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bad > Awards". Allmusic. Rovi Corporation. Consultado o 27 de xaneiro de 2010.