Saltar ao contido

HIStory/Ghosts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HIStory/Ghosts
Michael Jackson Editar o valor en Wikidata
 Título
    HIStory/Ghosts (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
Implicados
 Interpretado por
 Compositor/a
 Letra de
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
1997 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Wikidata

"HIStory"/"Ghosts" é un dobre sinxelo do artista estadounidense Michael Jackson, extraído do seu álbum remix de 1997 Blood on the Dance Floor: HIStory in the Mix. A versión orixinal de "HIStory" foi lanzada como pista do álbum de estudio HIStory, pero non fora lanzado como sinxelo. "Ghosts" foi unha gravación nova do artista. "HIStory" foi composta por Michael Jackson, James Harris III e Terry Lewis antes de que fose remesturada por Tony Moran en 1997. A versión orixinal contén moitas gravacións históricas e efectos.

"Ghosts" foi escrita, composta e producida por Michael Jackson e Teddy Riley en 1997. O tema principal da letra é a paranoia, como noutros traballos de Jackson. Cada un dos temas ten o seu propio vídeo musical. O de "HIStory" está ambientado nunha era futurística. "Ghosts" é unha curta de cinco minutos tomada do filme homónimo.