Wuffingas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Árbore xenealóxica da dinastia wuffinga de Anglia oriental.

A Dinastía dos Wuffingas (The Wuffings, en inglés) foi a reinante en Anglia Oriental durante os séculos VI, VII e VIII. Toma o seu nome de Wuffa, o seu segundo monarca. Polas fortes conexións escandinavas que se aprecian nas tumbas de Sutton Hoo (século VII), argumentouse que os Wuffingas estaban moi relacionados cos gautas Wulfingas, asentados en Götaland, ao sur da actual Suecia. As invasións viquingas do século IX destruíron os mosteiros de Anglia oriental, onde se conservaban moitos documentos relativos á regra dos Wuffingas.

O derradeiro dos Wuffingas foi o rei Aelfwald, que morreu no ano 749 e que foi sucedido por reis de liñaxe descoñecida.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dumville, David N.: "The Anglian collection of royal genealogies and regnal lists". Anglo-Saxon England, 5 (1976). p. 23-50. Cambridge University Press.
  • Moisi, Hermann: "Anglo-Saxon royal genealogies and Germanic oral tradition". Journal of Medieval History, 7.3 (1981). p. 215-248.
  • Kirbi, D. P.: The earliest english kings. 2ª Ed. Routledge Ed. Londres, 1992. ISBN 0-415-24211-8.
  • Newton, Sam: The Origins Of Beowulf And The Pre-viking Kingdom Of East Anglia. Boydell & Brewer Inc. Woodbridge, 1993. ISBN 0-415-24211-8.
  • Lapidge, Michael & alii: The Blackwell encyclopaedia of Anglo-Saxon England. Blackwell Publishing. Oxford, 2003. ISBN 0-85991-361-9.