Saltar ao contido

Ducado de Normandía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDucado de Normandía
Duché de Normandie (fr) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°09′N 0°06′L / 49.15, 0.1
CapitalRuán Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallatín medieval
Lingua normanda Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación911 Editar o valor en Wikidata
Disolución1259 Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5092294

O Ducado de Normandía ten a súa orixe no Tratado de Saint-Clair-sur-Epte, acordado en 911 entre o rei Carlos III de Francia (Carlos III o Simple) e o xefe viquingo Hrolf Ganger. A cambio de xurar lealdade ó rei de Francia, protexer as terras das invasións doutros pobos viquingos, converterse á fe católica e casar con Giselle, filla ilexítima do rei, Rollon e os seus «Homes do Norte» (os normandos, do latín Northmannorum) reciben o Condado de Ruán, o Pays de Caux e o Pays de Talou (rexión de Dieppe), terras conquistadas polos normandos. Constitúen a Alta Normandía, é dicir, a Normandía máis antiga, en contraposición ós territorios incorporados posteriormente ao ducado, que forman a Baixa Normandía.

Historia do Ducado

[editar | editar a fonte]

Inicialmente, a capital foi a cidade de Ruán. Posteriormente, trala expansión do ducado cara ó oeste, a capital foi trasladada a Caen. En 928 engádense os condados de Évreux, Hiémois (rexión de Bayeux) e Bessin (rexión de Argentan e Falaise). En 931-934, Guillerme I Longa Espada incorporou os territorios de Cotentín e Avranches. En 933 incorporáronse as illas Anglonormandas, situadas na canle da Mancha.

Consolidación do Ducado

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Casa de Normandía.

Os condes de Normandía (convertidos en duques arredor de 1010) dedicáronse a defender a integridade do seu territorio, fronte ás revoltas doutros príncipes viquingos instalados na rexión, así como das invasións dos seus poderosos veciños, como o conde de Blois e o conde de Flandres. Mentres que noutras partes de Europa occidental, os viquingos víronse obrigados a retirarse dos territorios conquistados, os normandos conseguen manterse no poder e construír un Estado consolidado.

O conde Ricardo I de Normandía (930-996), fillo de Guillerme I Longa Espada, será o artífice do novo ducado. A forza e a riqueza dos diversos xefes viquingos do territorio normando, proviñan dunha estratexia baseada en expedicións predatorias. Para asegurar os territorios recentemente adquiridos, Ricardo I estabeleceu vencellos de vasalaxe cos príncipes escandinavos, garantindolles en troques protección e participación nos botíns das súas expedicións guerreiras. Estes vencellos materializáronse con unións matrimoniais entre os xefes locais e a familia condal, como o demostraría a unión de Ricardo I con Gunnora de Crepon.[1]

A organización eclesiástica do Ducado de Normandía (bispados e principais mosteiros no século XI).

A conversión ó catolicismo e a cerimonia do bautismo consagraban esas alianzas segundo a tradición franca, polo que a relixión era empregada como un forte elemento de cohesión e un sólido apoio ó poder crecente do conde de Ruán. Prosiguindo coa labor iniciada polo seu pai, Ricardo I restaurou o catolicismo en toda Normandía, creando mosteiros e restabelecendo os antigos bispados.

O seu fillo Ricardo II (996-1026) será o primeiro duque de Normandía e estabelecerá un embrión da corte ducal en Ruán. Con el, considérase que Normandía se afasta da herdanza escandinava para integrarse no mundo dos francos. Para asentar o seu poder, creou condados gobernados por membros da súa familia nas fronteiras do ducado, e outorgou bispados a varios dos seus parientes. Como a paz e a seguridade volveron á rexión, o papado retomou as súas relacións cos descendentes deses viquingos, que un século antes queimaban e saqueaban igrexas e abadías. Alén de ser o seu vasalo, Ricardo I foi un aliado do rei de Francia Roberto o Piadoso, co que mantivo unha relación case de igual a igual. De feito, daquela xa se considera a Normandía como un dos territorios máis ricos e poderosos de Francia.[2]

A Normandía anglonormanda

[editar | editar a fonte]

Na década dos anos 1150, e trala unión de Normandía con Anjou e Aquitania, así como o acceso dos Plantegenêt ó trono de Inglaterra, os normandos chegaron a controlar a metade de Francia e a totalidade de Inglaterra, minguando así o poder de Francia. Porén, tecnicamente, os normandos seguían a ser vasalos do rei francés.

Trala conquista normanda, as relacións políticas entre os anglonormandos e Francia complicáronse, xa que os primeiros seguían conservando as súas posesións en Normandía como vasalos que xuraron lealdade ó rei de Francia, pero ó mesmo tempo mantiñan unha relación de igualdade ó tratar cos reis de Inglaterra. Algúns expertos coidan que a conquista normanda supuxo o estancamento cultural e económico de Inglaterra durante case os 150 anos seguintes, xa que os reis de Inglaterra preferiron gobernar dende cidades como Ruán, e concentraron todo o seu interese nas súass posesións continentais que lles resultaban máis lucrativas. Porén, outros opinan que os Duques-Reis normandos descoidaron os seus territorios no continente, onde en teoría debían seguir servindo pleitesía ós reis de Francia, para centrarse dese xeito na consolidación da súa soberanía sobre Inglaterra. O esforzo económico e humano empregado na construción de catedrais e castelos, e a administración dos novos territorios, supuxo un certo descoido das necesidades de Normandía, gañando a antipatía da nobreza local e debilitándose o control normando das fronteiras do territorio, mentres que os reis de Francia seguían ó mesmo tempo aumentando o seu poder.

O ducado foi gobernado como unha parte máis do reino anglonormando até 1204, cando Filipe II de Francia conquistou a parte continental do mesmo. Isto provocou unha división nos normandos do continente, entre os partidarios da monarquía francesa e os da monarquía anglonormanda. Durante a Guerra dos Cen Anos, os reis de Inglaterra tentaron recuperar as súas posesións en Francia.

En virtude do Tratado de París, en 1259, a maior parte do territorio pasou a pertencer a Francia, mais as Illas Anglonormandas, que se atopan na Canle da Mancha, seguiron pertencendo á coroa inglesa (agás a illa de Chausey).

En 1789, a Revolución francesa supuxo o fin dos dereitos e privilexios históricos do Ducado, e o ano seguinte, o territorio de Normandía dividiuse en cinco departamentos.

Duques de Normandía

[editar | editar a fonte]
  1. Rollón o Camiñante 911-927.
  2. Guillerme I Longa Espada 927-942.
  3. Ricardo I Sen Medo 942-996.
  4. Ricardo II o Bo 996-1027.
  5. Ricardo III 1027-1028.
  6. Roberto I o Magnífico 1028-1035.
  7. Guillerme II o Conquistador 1035-1087.
  8. Roberto II Courtheuse 1087-1106.
  9. Henrique I Beauclerc 1106-1135.
  10. Estevo de Blois 1135-1144.
  11. Godofredo de Anjou 1144-1150.
  12. Henrique II 1150-1189.
  13. Ricardo IV Corazón de León 1189-1199.
  14. Xoán Sen Terra 1199-1216.
  15. Henrique III 1216-1259 (Derradeiro duque de Normandía de acordo co Tratado de París de 1259).
  1. Thesis de Eleanor Searle, Predatory Kinship and the creation of the Norman Power, 840-1066, Berkeley, University of California Press, 1988.
  2. François Neveux, la Normandie des ducs aux Rois. Xe-XIIe siècle, Ouest-France Université, Rennes, 1998.