Illas Scilly
| (en) Isles of Scilly | |||||
| Tipo | arquipélago distrito non metropolitano distrito rural área de autoridade unitaria en Inglaterra | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Illas Británicas | ||||
| Situado na entidade xeográfica | Illas Británicas | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Cornualla, Reino Unido | ||||
| |||||
| Bañado por | Mar Céltico | ||||
| Composto por | |||||
| Características | |||||
| Altitude | 51 m | ||||
| Superficie | 16,3376 km² | ||||
| Área de Salientable Beleza Natural | |||||
| Data | 1975 | ||||
| Sitio web | scilly.gov.uk | ||||
As Illas Scilly (en córnico: Syllan) son un arquipélago do suroccidente de Cornualla. Unha das illas, St Agnes, é o punto máis meridional de Inglaterra, estando 6,4 km máis ó sur que o punto máis meridional da illa de Gran Bretaña, en Lizard Point.
Segundo o censo de 2011, a poboación das illas era de 2 203 persoas.[1] Scilly forma parte do condado cerimonial de Cornualla, e algúns dos seus servizos convínanse cos de Cornualla. Porén, dende 1890, as illas teñen unha autoridade local separada da do condado. Dende a orde das Illas Scilly de 1930, esta autoridade ten o status de consello de condado e hoxe é coñecido como Consello das Illas Scilly.
O adxectivo en inglés "Scillonian" é empregado ás veces para referirse ós habitantes do arquipélago. O Ducado de Cornualla é propietario vitalicio das illas. O turismo é a principal actividade económica local, xunto coa agricultura de flores de corte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UK Census Data (ed.). "UK Census Data 2011". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 9 de xuño de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas Scilly |
| A Galipedia ten un portal sobre: Cornualla |

