Dorothy Parker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dorothy Parker
Young Dorothy Parker.jpg
Nome completoDorothy Rothschild
Nacemento22 de agosto de 1893
Lugar de nacementoWest End
Falecemento7 de xuño de 1967
Lugar de falecementoNova York
Causaenfarte agudo do miocárdio
SoterradaCemiterio de Woodlawn
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterMiss Dana's School for Young Ladies
Ocupacióncolumnista, poeta, guionista, escritora, crítico literario, xornalista, compositora de cancións e escritor de diálogos
PaiJacob Henry Rothschild
CónxuxeAlan Campbell
PremiosO. Henry Award
Na rede
https://dorothyparker.com/
IMDB: nm0662213 Allmovie: p105618 TV.com: people/dorothy-parker IBDB: 5119
Musicbrainz: 7299ae08-0b82-45ea-97b7-2f938e293dd0 Discogs: 582425 WikiTree: Rothschild-474 Find a Grave: 3040 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dorothy Parker, de solteira Rothschild, nada en Long Branch (Nova Jersey) o 22 de agosto de 1893 e finada en Nova York o 7 de xuño de 1967, foi unha contista, dramaturga, crítica teatral, humorista, guionista e poeta estadounidense. Moi coñecida polo seu cáustico enxeño, o seu sarcasmo e a súa afiada pluma á hora de captar o lado escuro da vida urbana no século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mocidade[editar | editar a fonte]

Tamén coñecida como Dot ou Dottie, o seu nome real era Dorothy Rothschild, filla de Jacob Henry[1] e Eliza Annie Rothschild (de solteira Marston).[2] A casualidade quixo que nacese nun día en que a familia gozaba das súas vacacións en Nova Jersey,[3] pero ela considerábase puramente neoiorquina. A súa nai finou no West End en xullo de 1898, cando Parker estaba a piques de cumprir cinco anos.[4]

O seu pai volveu casar en 1900 con Eleanor Frances Lewis (1851–1903).[5] Parker odiaba o seu pai, a que acusaba de abuso físico e desprezaba a esposa deste, á que non chamaba "nai", "madrasta" ou "Eleanor", senón que se refería a ela como "a ama de casa" ("the housekeeper").[6] Creceu no Upper West Side, asistindo ao Blessed Sacrament Convent School, a pesar de que o seu pai era xudeu e o seu madrasta protestante.[7] A súa educación formal terminou cando cumpriu trece anos.

En 1913 xa perdera toda a súa familia e a partir de entón tivo que gañar a vida tocando o piano nunha escola de baile, entre outros traballos. Logrou vender un poema á revista Vanity Fair en 1914. Un ano máis tarde foi contratada como axudante editorial pola revista Vogue.[8]

Casou co corretor de bolsa de Wall Street Edwin Pond Parker II,[9] mais separáronse ao comezo da primeira guerra mundial. Ela continuou a traballar para ambas as revistas; a escritora gardaba sentimentos ambiguos respecto da súa condición de xudía e adoitaba facer bromas asegurando que casou foi só para cambiar de apelido.[10]

A mesa redonda do Algonquin[editar | editar a fonte]

Parker con parte do cadroa maior da Mesa redonda do Algonquin e outros máis: Art Samuels (editor de Harper's, e brevemente, do The New Yorker), Charles MacArthur, Harpo Marx e Alexander Woollcott.

Dende 1919 foi a principal animadora do faladoiro de escritores, críticos, dramaturgos, actores e xornalistas coñecida como mesa redonda do Algonquin (1919-1929), chamada xocosamente "círculo vicioso do Algonquin" porque se realizaba no Hotel Algonquin, un club consagrado a acuñar maldades, chistes e epigramas cáusticos sobre estreas e temas de actualidade durante as súas comidas e partidas de póker.

Foron membros fixos do faladoiro do Algonquin, á parte de Dorothy Parker, o columnista Franklin Pierce Adams, o humorista e actor Robert Benchley, probablemente o mellor amigo de Parker; o columnista deportivo Heywood Broun, o dramaturgo Marc Connelly, a feminista Ruth Ale, o dramaturgo e director George S. Kaufman, o produtor de Broadway Brock Pemberton, o editor do The New Yorker Harold Ross, o escritor e dramaturgo Robert E. Sherwood, o publicista John Peter Toohey e o crítico e xornalista Alexander Woollcott. Outros membros movíanse máis libremente e participaban dun modo máis eventual: as actrices Tallulah Bankhead, Blyth Daly, Eva Le Gallienne, Margalo Gillmore, Estelle Winwood e Peggy Wood, os dramaturgos Noël Coward, Edna Ferber, Donald Ogden Stewart e Beatrice Kaufman; as escritoras Jane de Grant, Margaret Leech e Alice Duer Miller; a ilustradora de revistas Neysa McMein, os humoristas Harpo Marx e Frank Sullivan e o compositor Deems Taylor.

Nese ano de 1919, comezou a despuntar a súa carreira mediante a crítica teatral elaborada para Vanity Fair. Porén, a súa extrema acidez supúxolle ser despedida en 1920 e empezou a traballar como escritora independente. Unha vez separada do seu marido, tivo diversos romances con outros homes. Ao fundarse a revista The New Yorker, en 1925, formou parte do persoal fixo. Nesa época escribía poesía humorística, aínda que posteriormente refugou esa faceta.

Os seguintes quince anos foron os máis produtivos; publicou sete volumes de contos e poesía que foron moi ben recibidos pola crítica, que destacou neles o seu forte contido autobiográfico. A parte máis importante da obra de Parker constitúena os seus contos. Aínda que a miúdo xocosos, eran sobrios e punzantes, e gardaban un fondo máis agridoce que cómico. As súas amizades atopaban neles fonte de gozo e de tristeza ao mesmo tempo.

O seu relato máis coñecido apareceu en Bookman Magazine baixo o título Big Blonde ("A gran loura"). Foi galardoado co prestixioso Premio O. Henry como o conto máis sobresaliente de 1929. Este relato, entre outras obras mestras do xénero, foi seleccionado por Augusto Monterroso para a súa célebre Antología del cuento triste. Ao mesmo tempo corría a súa vida sementada de decepcións; divorciouse en 1928 e iniciou, entre outras, unha relación sentimental co dramaturgo convertido en reporteiro Charles MacArthur; quedou embarazada mais perdeu o fillo e iso levouna a unha depresión que culminou co primeiro dos seus tres intentos de suicidio. En 1927 as execucións dos anarquistas Sacco e Vanzetti espertaron para sempre a súa vocación en favor dos dereitos civís.

Contraeu matrimonio co actor aspirante a guionista Alan Campbell en 1934.[11] O matrimonio trasladouse a Hollywood onde Parker escribiron con Robert Carson o guión do filme de William A. Wellman Naceu unha estrela (1937), polo que foron candidatos ao Oscar.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Durante a década de 1930, a autora, de tendencia esquerdista, desenvolveu unha intensa actividade política axudando a fundar a Anti-Nazi League ("Liga antinazi") en Hollywood. Foi investigada pola FBI como sospeitosa de pertencer ao Partido Comunista,[12] polo que chegou a aparecer na Lista Negra de Hollywood e tivo problemas para traballar como guionista. Durante o período da guerra civil española foi unha moi activa defensora da causa republicana,[13] participando en campañas de recadación de fondos para dita causa e mesmo realizando unha viaxe a España. Testemuña desa viaxe a España foi o conto "Soldiers of the Republic", ambientado nun café de Valencia, conto de carácter triste e melancólico publicado en The New Yorker. A perda da guerra por parte dos republicanos deixou un triste sinal nela, facendo aumentar o seu xa de por si desmesurado pesimismo vital.

O seu matrimonio con Campbell foi tempestuoso, con tensións aumentadas polo crecente alcoholismo de Parker e o romance de Campbell cunha muller casada durante a segunda guerra mundial.[14] Divorciáronse en 1947,[15] volveron casar en 1950,[16] e separáronse en 1952 cando Parker volveu mudarse a Nova York.[17] Entre 1957 e 1962, viviu no Volney Residential Hotel de Manhattan's Upper East Side e escribiu recesións de libros para Esquire magazine.[18] A súa escritura volveuse errática debido ao abuso do alcohol. Volveu a Hollywood en 1961, reconciliouse con Campbell, e colaborou con el nun número de proxectos sen producir ata o pasamento de Campbell por mor dunha sobredose de drogas en 1963.[19]

Morte[editar | editar a fonte]

Defendendo sempre os dereitos civís, morreu dun ataque cardíaco en 1967, aos 73 anos, en Nova York, nun cuarto de hotel co seu can e unha botella de alcol. A súa mellor amiga dende os anos 30, a dramaturga Lillian Hellman, moza de Dashiell Hammett, organizou o funeral.[20] Legou todos os seus bens ao movemento de Martin Luther King, a NAACP (National Association for the Advancement of Colored People, "Asociación Nacional para o Desenvolvemento das Persoas de Raza Negra").[21] Foi incinerada e durante dezasete anos ninguén reclamou as súas cinzas,[22] ata que a NAACP comprou para elas unha tumba en Baltimore; na lápida loce o epitafio, como ela desexara, de "Excuse My Dust" ("Perdoen polo po").

Obras[editar | editar a fonte]

  • Enough Rope (1926)
  • Sunset Gun (1927)
  • Close Harmony (1929) (teatro)
  • Laments for the Living (1930)
  • Death and Taxes (1931)
  • After Such Pleasures (1933)
  • Collected Poems: Not So Deep As A Well (1936)
  • Here Lies (1939)
  • The Portable Dorothy Parker (1944)
  • The Ladies of the Corridor (1953) (teatro)
  • Constant Reader (1970)
  • A Month of Saturdays (1971)
  • Not Much Fun: The Lost Poems of Dorothy Parker (1996)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Meade, Marion (1987). Dorothy Parker: What Fresh Hell Is This?. Nova York: Penguin Books. p. 5. ISBN 0-14-011616-8. 
  2. Meade 6
  3. Whitman, Alden (8 de xuño de 1967). "Dorothy Parker, 73, Literary Wit, Dies". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2018. Consultado o 09 de outubro de 2018. 
  4. Meade 12
  5. Meade 13
  6. Herrmann, Dorothy (1982). With Malice Toward All: The Quips, Lives and Loves of Some Celebrated 20th-Century American Wits. Nova York: G. P. Putnam's Sons. p. 78. ISBN 0-399-12710-0. 
  7. Meade 14
  8. Silverstein 13
  9. Herrmann 78
  10. Penzer, Otto (2007). The Vicious Circle: Mystery and Crime Stories by Members of the Algonquin Round Table. Nova York: Pegasus Books. p. 99. ISBN 978-1933648675. 
  11. Meade 238
  12. Koch, Stephen, Double Lives: Stalin, Willi Munzenberg and the Seduction of the Intellectuals, Nova York: Enigma Books (2004), Revised Edition, ISBN 1-929631-20-0
  13. Meade 285
  14. Meade 327
  15. Meade 329
  16. Meade 339
  17. Malanowski, James (July 17, 1959). "Dead & Famous; Where the Grim Reaper has Walked in New York". Spy. Consultado o 10 de abril de 2013. 
  18. Itzkovitz, Daniel (28 de maio de 1998). "Dorothy Rothschild Parker (1893–1967)". Jewish Virtual Library. Consultado o 25 de setembro de 2005. 
  19. Meade 392–3
  20. El Cultural
  21. Silverstein 59.
  22. Meade 412.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]