Augusto Monterroso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Augusto Monterroso
Nacemento21 de decembro de 1920
 Tegucigalpa
Falecemento7 de febreiro de 2003
 Cidade de México
NacionalidadeGuatemala
Ocupaciónescritor e diplomático
CónxuxeBárbara Jacobs
PremiosXavier Villaurrutia Award, Premio Príncipe de Asturias das Letras e FIL Award
editar datos en Wikidata ]

Augusto Monterroso Bonilla, nado en Tegucigalpa o 21 de decembro de 1920 e finado na Cidade de México o 7 de febreiro de 2003, foi un escritor hondureño, nacionalizado guatemalteco e exiliado en México, coñecido polos seus relatos breves.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Augusto Monterroso naceu en 1920 en Tegucigalpa, fillo do guatemalteco Vicente Monterroso e da hondureña Amelia Bonilla.[2][3] En 1936 a súa familia estableceuse definitivamente na Cidade de Guatemala, país que considerou clave na súa formación, e que así mesmo fixo a súa patria:[1]

O medio e a época en que me formei, a Guatemala dos últimos trinta e primeiros corenta, do ditador Jorge Ubico e os seus catorce anos de despotismo non ilustrado, e da segunda guerra mundial, contribuíron sen dúbida a que actualmente pense como penso e responde ao momento presenta na forma en que o fago.[4]

En Guatemala publicou os seus primeiros relatos e comezou a traballar de xeito clandestino contra a ditadura de Jorge Ubico. Para iso fundou o xornal El Espectador cun grupo de escritores.[2] Ao iniciarse en 1944 as revoltas contra a ditadura, o activo papel que desempeñou levouno ao cárcere ao tomar o poder o xeneral Federico Ponce Vaides. Non obstante, en setembro logrou escapar de prisión e pediu asilo na embaixada de México.[4] Trala revolución de outubro en Guatemala, encabezada por Jacobo Arbenz, Monterroso foi designado para un cargo no consulado de Guatemala en México. En 1953 pasou un breve tempo en Bolivia ao ser nomeado cónsul de Guatemala na Paz.[2] Trala caída de Arbenz en 1954 exiliouse en Chile, para retornar a México en 1956, país en que se estableceu definitivamente[5] e onde ocupou varios cargos académicos e editoriais, ademais de dedicarse á literatura.[6]

Narrador e ensaísta, comezou a publicar os seus textos a partir de 1959, ano en que se publicou a primeira edición de Obras completas y otros cuentos, conxunto de incisivas narracións onde comezan a notarse os trazos fundamentais da súa narrativa: unha prosa concisa, breve, aparentemente sinxela que con todo está chea de referencias cultas, así como un maxistral manexo da parodia, a caricatura, e o humor negro.

Tito, como o chamaban os seus achegados, faleceu dun paro cardíaco o 7 de febreiro de 2003.[7] Estivo casado coa escritora de orixe libanesa Bárbara Jacobs, quen en 2008 doou o seu legado artístico á Universidade de Oviedo.[8]

Características[editar | editar a fonte]

Monterroso está considerado como un dos mestres da minificción e, de forma breve, aborda temáticas complexas e fascinantes, cunha provocadora visión do mundo no universo. Agás por Lo demás es silencio, a súa incursión na novela, Monterroso só publicou pezas curtas. Traballou toda a súa carreira para perfección a forma do relato, moitas veces indagando en xéneros análogos (especialmente na fábula) como inspiración estilística e temática.

A súa composición "El dinosaurio" considerouse durante moito tempo o microrrelato máis breve da literatura universal. Incluíuse nunha ducia de antoloxías e traduciuse a varias linguas, ademais de ter unha edición crítica de Lauro Zavala titulada El dinosaurio anotado.[9] Con razón, Monterroso aseverou sobre este microrrelato que «as súas interpretacións eran tan infinitas como o universo mesmo».

Carlos Fuentes escribiu sobre Monterroso (en referencia especificamente a La oveja negra y demás fábulas): "Imaxine o bestiario fantástico de Borges tomando o té con Alicia. Imaxine Jonathan Swift e James Thurber intercambiando notas. Imaxine a ra de Calaveras County que leu en serio a Mark Twain. Coñeza a Monterroso".[10]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Obras completas (y otros cuentos) (1959)
  • La oveja negra y demás fábulas (1969)[11]
  • Movimiento perpetuo (contos, ensaios e aforismos, 1972)
  • Lo demás es silencio (novela, 1978)
  • Viaje al centro de la fábula (entrevistas, 1981)
  • La palabra mágica (contos e ensaios, 1983)
  • El grillo maestro (conto, 1983)
  • La letra e: fragmentos de un diario (1987)
  • Esa fauna (debuxos, 1992)
  • Los buscadores de oro (autobiografía, 1993)
  • La vaca (ensaios, 1998)
  • Pájaros de Hispanoamérica (ensaios, 2002)
  • Literatura y vida (contos e ensaios, 2004)

Premios[editar | editar a fonte]

En 1970, gañou o premio Magda Donato; en 1975, o Premio Xavier Villaurrutia, por Antología personal, e en 1988 recibiu a condecoración del Águila Azteca, pola súa achega á cultura de México.[12] Foi galardoado co Premio FIL de Literatura en Linguas Romances (México) en 1996. En 1997 o Ministerio de Cultura e Deportes de Guatemala outorgoulle o Premio Nacional de Literatura Miguel Ángel Asturias. En 2000 foille concedido o Premio Príncipe de Asturias das Letras en recoñecemento a toda a súa carreira.[13] En palabras do xurado: «a súa obra narrativa e ensaística constitúe todo un universo literario de extraordinaria riqueza ética e estética, do que cómpre salientar un cervantino e melancólico sentido do humor. (...) A súa obra narrativa transformou o relato breve».[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Centro virtual Cervantes. "Augusto Monterroso. Biografía". Instituto Cervantes. Consultado o 10 de maio de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Augusto Moterroso, biografía". Centro Virtual Cervantes (en castelán). Consultado o 5 de maio de 2020. 
  3. Masoliver, Juan Antonio (2001) [1997]. "Augusto Monterroso". En Smith, Verity. Encyclopedia of Latin American Literature. Chicago: Fitzroy Dearborn Publishers. pp. 562–3. ISBN 1-884964-18-4. 
  4. 4,0 4,1 Noguerol Jiménez 1995, p. 37.
  5. Noguerol Jiménez 1995, p. 38.
  6. CVC. Augusto Monterroso
  7. "Recordando a Augusto Monterroso". Proceso, 11 de febreiro de 2003.
  8. Biografía de Tito Monterroso
  9. Zavala, Lauro (2001). El dinosaurio anotado. Edición crítica de "El dinosaurio" de Augusto Monterroso. Anagrama - Universidade Autónoma Metropolitana. México.
  10. The Black Sheep and Other Fables, trans. Walter I. Bradbury, Nova York, Doubleday, 1971.
  11. Martínez Jiménez, José Antonio; Muñoz Marquina, Francisco; Sarrión Mora, Miguel Ángel (2011). "La narración (I). La acción narrativa". Lengua Castellana y Literatura (en castelán) (Akal ed.). Madrid: Akal Sociedad Anónima. p. 153. ISBN 9788446033677. 
  12. "Premio Xavier Villaurrutia". El poder de la palabra. Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2019. Consultado o 7 de decembro de 2009. 
  13. Fundación Príncipe de Asturias. "Premio Príncipe de Asturias de Letras 2000". Arquivado dende o orixinal o 9 de outubro de 2009. Consultado o 6 de decembro de 2009. 
  14. "ANEXO.-Relación de anteriores galardonados con este premio, 2000 - Augusto Monterroso". Fundación Príncipe de Asturias. Consultado o 29 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Noguerol Jiménez, Francisca (1995). La trampa en la sonrisa. Sátira en la narrativa de Augusto Monterroso (1.ª ed.). Universidade de Sevilla. ISBN 84-472-0535-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]