Franklin Pierce Adams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Franklin Pierce Adams
Franklin P. Adams.jpg
Nacemento 15 de novembro de 1881
  Chicago
Falecemento 23 de marzo de 1960
  Nova York
Nacionalidade Estados Unidos de América
Alma máter Universidade de Michigan
Ocupación xornalista, autor e escritor
editar datos en Wikidata ]

Franklin Pierce Adams, nado en Chicago en 1881 e finado en Nova York en 1960, foi un xornalista e escritor norteamericano. Always in Good Humour e The Conning Tower foron os títulos das súas columnas diarias na prensa neoiorquina, asinadas como FPA.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a traballar no Chicago Journal en 1903, pero xa en 1904 pasou ao New York Evening Mail , onde traballou ata 1913, cando pasou ao New York Tribune.
Durante a primeira guerra mundial traballou no xornal do exército norteamericano Stars and Stripes en Washington DC e en Francia como capitán do servizo de intelixencia, despois da guerra volveu a Nova York. En 1921 estivo no New York World, en 1931 no New York Herald Tribune , en 1937 no New York Post ata 1941.
En 1938 participa no programa de radio Information, Please

Obras[editar | editar a fonte]

  • Tobogganing on Parnasus, tradución de poemas de Horacio e outros autores clásicos, 1910
  • By and Large, 1914
  • Something Else Again, 1920
  • So Much Velvet, 1924
  • Cristopher Columbus and Other Patriotic Verses, 1935
  • The Melancholy Lute: Selected Songs of Thirty Years , 1936.