Alonzo Mourning

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alonzo Mourning
Posición Pivote
Dorsal 33
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso 118 kg (261 lb)
Nacemento 8 de febreiro de 1970 (44 anos)
Flag of Virginia.svgFlag of the United States.svg Chesapeake, Virginia
Carreira
Tempadas 19922008
NBA Draft 1992 / Rolda: 1 / Elección: 2

Escollido por Charlotte Hornets

Universidade Georgetown
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     14 311
Rebotes     7 137
Tapóns     2 356
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Alonzo Harding Mourning, Jr., nado o 8 de febreiro de 1970 en Chesapeake, Virginia, é un ex-xogador americano de baloncesto profesional, que xogou a maioría dos seus 15 anos en activo nos Miami Heat da NBA.

Mourning xogaba de pivote, e tiña o alcume de "Zo". A súa tenacidade en defensa fíxolle gañar dúas veces o premio ao mellor xogador defensivo da NBA, e estar no equipo defensivo do ano nunha ocasión. Volveu a xogar tras un transplante de ril, e máis tarde gañou o seu primeiro e único Campionato da NBA cos Heat. Ademais, xogou para os Charlotte Hornets e os New Jersey Nets. O 30 de marzo de 2009, Mourning convertiuse no primeiro xogador da historia dos Miami Heat en ter o seu número retirado.

Mourning e a súa muller Tracy teñen tres fillos: un fillo chamado Alonzo III ("Trey"), unha filla chamada Myka Sydney, e un segundo fillo chamado Alijah (nado o 18 de setembro de 2009).[1]

En abril de 2010, Mourning foi incluído no Virginia Sports Hall of Fame en recoñecemento á súa traxectoria no instituto, universitaria e profesional ademais do seu traballo coma voluntario ao servizo da comunidad onde viviu e traballou durante a súa vida.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]