Dolph Lundgren
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (sv) Hans Lundgren 3 de novembro de 1957 Estocolmo (Suecia) |
| Residencia | Os Ánxeles Estocolmo |
| Relixión | Luteranismo |
| Educación | Real Instituto de Tecnoloxía Universidade Clemson (pt) Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Universidade Estatal de Washington Universidade de Sydney Wesley College (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | químico, boxeador, modelo, karateka, actor de cinema, culturista, guionista, enxeñeiro, actor, judoka, director de cinema, produtor de cinema, realizador |
| Período de actividade | 1978 |
| Deporte | Karate judo |
| Familia | |
| Cónxuxe | Anette Qviberg (1994–2011) |
| Parella | Grace Jones (1983–1987) |
| Fillos | Ida Lundgren ( Greta Lundgren ( |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Dolph Lundgren, nado en Estocolmo o 3 de novembro de 1957, é un actor, director e artista marcial sueco. Pertence á xeración de actores que representaban o estereotipo do heroe de acción, xunto con Sylvester Stallone, Chuck Norris, Arnold Schwarzenegger, Bruce Willis, Steven Seagal e Jean-Claude Van Damme.
Ten unha carreira de química pola Universidade Estatal de Washington, estudou enxeñaría química no Real Instituto de Tecnoloxía de Estocolmo a comezos da década de 1980, e ten un máster de enxeñaría química da Universidade de Sydney en 1982. Lundgren ten o cinto negro 3º dan en karate kyokushin e foi campión de Europa en 1980 e 1981. En Sidney, converteuse en gardacostas da cantante xamaicana Grace Jones e comezou unha relación con ela. Xuntos mudáronse a Nova York, e despois dun breve período como modelo e porteiro dun club de Manhattan, Jones conseguiulle un pequeno papel no filme de James Bond 007: Panorama para matar.
O grande éxito de Lundgren chegou co filme Rocky IV de 1985, no que interpretou o boxeador ruso Ivan Drago. Dende entón, apareceu en máis de 40 filmes, a maioría deles no xénero de acción. Interpretou a He-Man no filme de 1987 Masters of the Universe, e a Frank Castle en The Punisher. A comezos de 1990, apareceu en filmes como Dark Angel (1990); Showdown in Little Tokyo (1991), a carón de Brandon Lee; Universal Soldier (1992) con Jean-Claude Van Damme; Fuga mortal (1993), con Kristian Alfonso e George Segal; Johnny Mnemonic (1995), con Keanu Reeves; e Blackjack (1998), dirixido por John Woo. No 2004, Lundgren dirixe o seu primeiro filme, The Defender, e posteriormente rodaría The Mechanik (2005), Missionary Man (2007), Command Performance (2009) e Icarus (2010), que tamén protagonizou. Dende 1995 só participou en filmes "directamente para vídeo", e non será até 2010 cando regrese á gran pantalla con The Expendables, a carón doutros actores de acción como Stallone, Jason Statham, Jet Li, Stone Cold Steve Austin e Mickey Rourke. Volveu facer de Gunner Jensen en The Expendables 2 (2012) e The Expendables 3 (2014).
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 1985 | 007: Panorama para matar | Venz | |
| 1985 | Rocky IV | Ivan Drago | |
| 1987 | Masters of the Universe | He-Man | |
| 1988 | Red Scorpion | Tenente Nikolai Rachenko | |
| 1989 | The Punisher | Frank Castle / The Punisher | |
| 1990 | I Come in Peace | Jack Caine | |
| 1991 | Cover-Up | Mike Anderson | |
| 1991 | Showdown in Little Tokyo | Chris Kenner | |
| 1992 | Universal Soldier | Sarxento Andrew Scott / GR13 | |
| 1993 | Fuga mortal | Wellman Anthony Santee | |
| 1994 | Pentathlon | Eric Brogar | |
| 1994 | Men of War | Nick Gunar | |
| 1995 | Johnny Mnemonic | Karl Honig | |
| 1995 | The Shooter | Michael Dane | |
| 1996 | Silent Trigger | Waxman | |
| 1997 | The Peacekeeper | Frank Cross | |
| 1998 | The Minion | Lukas Sadorov | |
| 1998 | Sweepers | Christian Erickson | |
| 1999 | Bridge of Dragons | Warchild | |
| 1999 | Storm Catcher | Jack Holloway | |
| 2000 | Jill Rips | Matt Sorenson | |
| 2000 | The Last Warrior | Capitán Nick Preston | |
| 2001 | Agent Red | Matt Hendricks | |
| 2002 | Hidden Agenda | Jason Price | |
| 2003 | Detention | Sam Decker | |
| 2004 | Direct Action | Frank Gannon | |
| 2004 | Fat Slags | Randy | |
| 2004 | Retrograde | John Foster | |
| 2004 | The Defender | Lance Rockford | Director |
| 2005 | The Mechanik | Nikolai Cherenko | Director |
| 2006 | The Inquiry | Brixos | |
| 2007 | Diamond Dogs | Xander Ronson | Co-director |
| 2007 | Missionary Man | Ryder | Director |
| 2009 | Direct Contact | Mike Riggins | |
| 2009 | Command Performance | Joe | Director |
| 2009 | Universal Soldier: Regeneration | Andrew Scott | |
| 2010 | Icarus | Edward Genn | Director |
| 2010 | The Expendables | Gunnar Jensen | |
| 2011 | In the Name of the King 2: Two Worlds | Granger | |
| 2012 | Small Apartments | Dr. Sage Mennox | |
| 2012 | Stash House | Andy Spector | |
| 2012 | Universal Soldier: Day of Reckoning | Andrew Scott | |
| 2012 | One in the Chamber | Aleksey "The Wolf" Andreev | |
| 2012 | The Expendables 2 | Gunnar Jensen | |
| 2013 | The Package | O alemán | |
| 2013 | Legendary: Tomb of the Dragon | Harker | |
| 2013 | Battle of the Damned | Max Gatling | |
| 2013 | Ambushed | Maxwell | |
| 2013 | Blood of Redemption | Axel | |
| 2013 | A Man Will Rise | ||
| 2014 | Puncture Wounds | Hollis | |
| 2014 | The Expendables 3 | Gunnar Jensen | |
| 2014 | Skin Trade | Nick Cassidy | |
| 2016 | Hail, Caesar![1] | cameo | |
| 2018 | Aquaman | Rei Nereus |
Televisión
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 1998 | Blackjack | Jack Devlin | Telefilme (piloto) |
| 2010 | Chuck | Marco | Episodio: "Chuck Versus the Anniversary" |
| 2013 | SAF3 | John Eriksson | 12 episodios |
| 2015 | Workaholics | El mesmo | Episodio: Blood Drive |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ dolphlundgren.com, ed. (11 de febreiro de 2015). "Official Dolph Lundgren Website: News". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2015. Consultado o 11 de febreiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dolph Lundgren |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- Dolph Lundgren na IMDb (en inglés).