Sylvester Stallone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sylvester Stallone
Sylvester Stallone Comic-Con 2010.jpg
Stallone no 2010
Nacemento Michael Sylvester Gardenzio Stallone
6 de xullo de 1946
Nova York, Nova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actor, director, guionista
Cónxuxe(s) Sasha Czack (1974-1985)
Brigitte Nielsen (1985-1987)
Jennifer Flavin (1997-)
Fillo(s) Sage, Seargeoh, Sophia, Sistine, Scarlet
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Michael Sylvester Gardenzio Stallone, nado o 6 de xullo de 1946 en Nova York, é un actor e director de cinema estadounidense de orixe italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi bautizado coma Michael Sylvester Enzino Stallone[1] aínda que é coñecido familiarmente coma "Sly"; é descendente de emigrantes italianos que vivían en Hell's Kitchen "A Cociña do Inferno" (un dos moitos barrios perigosos de New York). Debido a un accidente no seu parto, xa que naceu por "Forceps", provocáronlle a parálise dun nervio facial.

Estudou en Philadelphia onde se interesou polo mundo da interpretación, a pesar de que tivo problemas na escola e foi expulsado de varios centros. Tamén en Philadelphia destacou coma atleta de fútbol.

Máis tarde estudou nun colexio americano en Genève (Suíza), pero en pouco tempo volveu a Estados Unidos a estudar arte dramática, na universidade de arte dramática de Miami en 1967 onde cursou dous anos, no cales empezou a escribir guións.

A principios dos 70, para se pagar as clases de arte dramática, traballou como actor nunha película pornográfica chamada The Party at Kitty and Stud's aínda que tivo un cameo en Bananas de Woody Allen facendo de delincuente nas escenas do metro.

Rocky: O salto ao estrelato[editar | editar a fonte]

Stallone escribiu o guión e protagonizou da saga do boxeador de orixe italiana Rocky Balboa. Con Rocky (1976), primeira película da saga. Con este filme, co cal gañou o Oscar á Mellor Película, Stallone conseguiría ser nomeado ao Oscar nas categorías de Mellor Actor e Mellor Guión.

Desta película seguirían máis secuelas, recentemente estreouse a sexta, Rocky Balboa (2006), e derradeira película da saga que foi moi ben acollida polo público. Ao longo da súa carreira cinematográfica seguiu explotando o arquetipo de tipo duro protagonizando numerosas películas de acción con algunhas incursións na comedia. A destacar dúas comedias de corte policíaco: Tango e Cash e O demoledor.

Rambo: Segue o éxito[editar | editar a fonte]

Stallone logo protagonizaría outro dos seus máis importantes filmes: Acurralado (1982), na que o soldado John J. Rambo lanzou a Stallone máis arriba que calquera outro actor da época. Deste filme sairían outras tres secuelas con moi boa acollida polo público.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Acreditado como Papel Notas
Director Produtor Guionista Actor
1970 The Party at Kitty and Stud's Si Stud
No Place to Hide Si Jerry Savage
1971 Bananas Si Subway Thug No.1 Sen acreditar
Klute Si Dono da discoteca Sen creditar
1974 The Lords of Flatbush Si Si Stanley Rosiello Guionista
1975 The Prisoner of Second Avenue Si Rapaz do parque
Capone Si Frank Nitti
Death Race 2000 Si Machine Gun Joe Viterbo
Mandingo Si Rapaz Sen acreditar (escenas eliminadas)
Adeus, boneca Si Jonnie
Police Story Si Caddo Serie de televisión (1 episodio)
Kojak Si Detective Rick Daly
1976 Cannonball Si Mafioso Sen acreditar
Rocky Si Si Rocky Balboa Guionista
1978 F.I.S.T. Si Si Johnny D. Kovak Guionista
Paradise Alley Si Si Si Cosmo Carboni Director e guionista
1979 Rocky II Si Si Si Rocky Balboa Director e guionista
1981 Nighthawks Si Detective Deke DaSilva
Escape to Victory Si Capitán Robert Hatch
1982 Rocky III Si Si Si Rocky Balboa Director e guionista
First Blood Si Si Rambo Guión
1983 Staying Alive Si Si Si Si Home da rúa Cameo; Sen acreditar, Director, Produtor e guionista
1984 Rhinestone Si Si Nick Martinelli Guionista
1985 Rambo: First Blood Part II Si Si Rambo Guionista
1985 Rocky IV Si Si Si Rocky Balboa Director e guionista
1986 Cobra Si Si Tenente Marion 'Cobra' Cobretti Guión
1987 Over the Top Si Si Lincoln Hawk Guionista
1988 Rambo III Si Si Rambo Guionista
1989 Lock Up Si Frank Leone
Tango & Cash Si Raymond 'Ray' Tango
1990 Rocky V Si Si Rocky Balboa Guionista
1991 Oscar Si Angelo 'Snaps' Provolone
1992 Stop! Or My Mom Will Shoot Si Sarxento Joe Bomowski
1993 Cliffhanger Si Si Gabe Walker Guionista
O demoledor Si John Spartan
1994 The Specialist Si Ray Quick
1995 Judge Dredd Si Xuíz Dredd
Assassins Si Robert Rath
Your Studio and You Si El mesmo
1996 Daylight Si Kit Latura
1997 The Good Life Si Xefe Non estreada
Men in Black Si Alien dos monitores Cameo
Cop Land Si Shériff Freddy Heflin
1998 Antz Si Weaver Voz
1999 D-Tox Si Jake Malloy
2000 Get Carter Si Jack Carter
2001 Driven Si Si Si Joe Tanto Produtor e guionista
2002 Liberty's Kids Si Paul Revere Serie de televisión (1 episodio)
O protector Si Frankie Delano
2003 Taxi 3 Si Pasaxeiro Cameo
Spy Kids 3-D: Game Over Si Toymaker
2004 Shade Si Dean 'The Dean' Stevens
2005 Las Vegas Si Frank Serie de televisión (2 episodios)
2006 Rocky Balboa Si Si Si Rocky Balboa Director e guionista
2008 Rambo Si Si Si Rambo Director e guionista
2009 Kambakkht Ishq Si El mesmo Cameo
2010 The Expendables Si Si Si Barney Ross Director and Writer
2011 Zookeeper Si Joe o león Voz
2012 The Expendables 2 Si Si Barney Ross Guionista
2013 Bullet to the Head Si Jimmy Bobo
The Tomb Si Ray Breslin

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]